Domesticación: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 5:
Unha [[especie]] domesticada, [[animal]] ou [[vexetal]], é unha especie que desenvolveu unhas características morfolóxicas, fisiolóxicas, ou mesmo [[etoloxía|comportamentais]] novas e hereditarias, como resultado dunha interacción prolongada, dun control ou dunha selección á mantenta por parte do ser humano.
 
A domesticación fai referencia tamén ó estado no cal a [[reprodución]], as curas e a alimentación dos animais, ou o ciclo das plantas son controlados de xeito máis ou menos directo polo ser humano. Na linguaxe corrente, a expresión «animal doméstico» emprégase a cotíoacotío no senso de animal de compaña. Este último termo pódese aplicar a un animal individual, mentres que a domesticación concerne unha poboación ou unha especie enteira. Unha acepción ampla da domesticación tende a tratar tódalas formas de interacción regular da especie humana cunha especie animal.
 
A principal utilidade das plantes e animais domésticos é a produción de [[alimento]]s, así como a doutros produtos útiles com a [[la]], o [[algodón]], ou a [[seda]]. Malia isto, os motivos da práctica da [[gandería]] ou da [[agricultura]] non son sempre estritamente utilitarios e inclúen o pracer, a recreación ou prácticas relixiosas. A domesticación ds plantas e dos animais veu da man dos inicios da agricultura e foi un factor esencial no desenvolvemento da [[civilización]]. No pasado permitiu a [[revolución neolítica]], mais tamén é un proceso que aínda se mantén até a actualidade.