Rafael González Villar: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m →‎Traxectoria: Pequenos arranxos
Castelao (conversa | contribucións)
m Arranxiños
Liña 16:
 
== Traxectoria ==
Realizou os estudos de arquitectura na Escola Superior de Madrid, onde recibiu unha formación de tipo historicista e ecléctica, concluíndo os estudos en 1911 como número un da súa promoción<ref name="promo">''europa press'' (2-10-2006) [http://www.europapress.es/galicia/noticia-profesionales-coruna-rinden-homenaje-rafael-gonzalez-villar-dia-mundial-arquitectura-20061002183431.html "Los profesionales de A Coruña rinden homenaje a Rafael González Villar en el Día Mundial de la Arquitectura"]. "El autor cosmopolita", en castelán{{es}}.</ref>.
 
Radicou a súa actividade profesional na cidade da Coruña onde desenvolveu a maior parte da súa obra. A súa primeira creación de relevancia foi o [[Kiosco Alfonso]] no 1912, cun estilo modernista moi persoal, situado nos [[xardíns de Méndez Núñez]] da Coruña. Ese mesmo ano realizou o Chalé Rialeda e tamén a Casa Limiñón. A primeira obra é unha casa de campo, de estilo inspirado na [[Secesión vienesa]]; a segunda obra é unha casa tipo "cottage" de aparencia máis pintoresca. Do 1916 é tamén obra súa o Chalé Carnicero, que pódese contemplar na vila de [[Oleiros]]<ref name="carnicero">''La Voz de Galicia'' (29-9-2010) [http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/09/29/0003_8752711.htm "Una casa protegida agoniza en Perillo"]. "''Se trata de una vivienda que el arquitecto Rafael González Villar (...) diseñó para el industrial coruñés Enrique Carnicero Ríos''" {{es}}.</ref>.
Liña 22:
No 1915 proxectou a Casa Molina e o monumento a [[Concepción Arenal]] na cidade da Coruña. Constitúen tódalas obras anteriormente descritas unha arquitectura estreitamente vinculada ó academicismo que avanza paulatinamente cara un tipo de arquitectura máis rexionalista.
 
Encargóuselle a construción dunha escola en [[Betanzos]] no ano 1917 e un ano despois encomendóuselle a Casa do Pobo, ámbalas dúas obras legado de [[Jesús García Naveira]] á cidade brigantina. Realizou amais outras obras, entre as que se poden destacar a Casa Núñez e as reformas do Liceo e do Teatro Alfonsetti na vila betanceira ou a Casa Companioni na cidade da Coruña, compaxinando a súa actividade profesional co cargo de arquitecto municipal da cidade herculina a partir de 1925. Atribúeselle tamén a creación dos Cines Capitol en Betanzos<ref name="nouvo">Cabano Vázquez, Ignacio; [http://anuariobrigantino.betanzos.net/Ab1985PDF/1985%20131_144.pdf "La Arquitectura de Rafael González Villar en Betanzos"] pdf, en castelán{{es}}.</ref>.
 
No 1922 foi proxectado polo arquitecto coruñés o [[Edificio Castromil]]<ref name="castr">[http://www.a16-01.com/pdfs/CAU/1975/CAU750901052.pdf "Otras obras destruidas. Edificio Castromil"] pdf {{es}}.</ref>, de estilo ecléctico expresionista próximo ó modernismo, situado en [[Santiago de Compostela]]. Tamén se constrúe en Compostela un edificio de vivendas proxectado polo arquitecto galego na rúa do Hórreo, facendo esquina coa actual Praza de Galicia en 1927.
Liña 28:
Rafael González Villar realizou o proxecto do Sanatorio de tuberculosos de [[Cesuras]]<ref name="cesuras">''La Voz de Galicia'' (3-10-2010) [http://www.lavozdegalicia.es/coruna/2010/10/03/0003_8761179.htm "Decenas de casas históricas agonizan en el área sin ningún tipo de protección"]. "Una joya olvidada; el conocido como Sanatorio de los Incurables de Cesuras del arquitecto Rafael González Villar" {{es}}.</ref> entre os anos 1922 e 1924, aínda que nunca se chegou a concluír a súa construción por mor do inicio da Guerra Civil Española.
 
O arquitecto proxectou en 1935 o que sería coñecido como Cine Avenida, inaugurado no ano 1941 na cidade da Coruña. O novo edificio incluía un bloque de vivendas na fachada, situándose a sala do cinema no patio. Actualmente aínda existe mais o seu futuro parece incerto<ref name="promo" /> <ref name="avenida">[http://ruc.udc.es/dspace/bitstream/2183/7366/2/ARQUITECTURA%20DEL%20OCIO.pdf "A Coruña: arquitectura desaparecida"] pdf, en castelán{{es}}.</ref>.
 
== Galería de imaxes ==