American Beauty: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
engado máis da en.wiki
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 26:
'''''American Beauty''''' é un filme [[Estados Unidos de América|estadounidense]] dirixido por [[Sam Mendes]] que foi estreado en [[1999]]. [[Kevin Spacey]] interpreta a Lester Burnham, un executivo de publicidade que ten unha crise [[crise da mediana idade]] cando queda prendado da mellor amiga da súa filla adolescente, Angela ([[Mena Suvari]]). [[Annette Bening]] interpreta á materialista muller de Lester, Carolyn, e [[Thora Birch]] intepreta á súa insegura filla, Jane. [[Wes Bentley]], [[Chris Cooper]] e [[Allison Janney]] tamén aparecen no filme nos papeis de reparto. O filme é descrito polos académicos como unha sátira da clase media americana, das nocións de beleza e satisfacción persoal, cunha análise centrada nas exploracións románticas do filme, o amor paternal, a sexualidade, a beleza, o materialismo, a liberación e a redención.
 
Ball comezou a escribir ''American Beauty'' como unha obra teatral a comezos da [[década de 1990]], parcialmente inspirado polo circo mediáticodos medios arredor do xuízo de [[Amy Fisher]] en 1992. Desbotou a obra logo de decatarse que a historia non funcionaría ben no escenario. Despois de varios anos como guionista de televisión, Ball recuperou a idea en 1997 cando intentaba irromper na industria do cine. O guión retocado tiña unha ollada cínica que estaba influenciada pola frustración de Ball por escribir para varias comedias de situación. Os produtores [[Dan Jinks]] e [[Bruce Cohen]] levaron ''American Beauty'' a [[DreamWorks]] e o estudio mercou o guión de Ball por $250 000, logo dunha puxapoxa con outros estudio de produción. DreamWorks financiou a produción cun orzamento de $15 millóns e serviu como o distribuidor en América do Norte. ''American Beauty'' supuxo o primeiro debut no cine do aclamado director de teatro Sam Mendes, que fora cortexado despois das exitosas producións dos musicais ''[[Oliver!]]'' e ''[[Cabaret (musical)|Cabaret]]''. Malia isto, Mendes obtivo o posto despois de que outros vinte "A-list" directores rexeitasen a oportunidade.
 
== Argumento ==