Diferenzas entre revisións de «Sint Maarten»

m
Eliminación dun homónimo
(a edición de esta páxina procede da información de enːSint Maarten)
m (Eliminación dun homónimo)
En 1493, durante a [[Viaxes de Cristóbal Colón | segunda viaxe]] de [[Cristovo Colón]] ás [[Antillas]], á primeira illa que avistaron chamárona ''Isla de San Martín'' porque era o 11 de novembro día de San [[Martiño de Tours]]. Con todo, malia que reclamouna como territorio [[España | Español]], Colón nunca chegou alí, e España fixo do asentamento na illa unha prioridade secundaria.
 
Doutra banda [[Francia | franceses]] e [[Holanda (rexión)| holandeses]], cobizaban a illa. Mentres que os franceses querían colonizar as illas entre [[Illa Trinidad|Trinidad]] e [[Bermuda]], os holandeses atoparon en 'San Martiño' un punto medio conveniente entre as súas colonias en [[Nova Ámsterdan]] (actual [[Nova York]]) e [[Brasil]]. Con poucas persoas colonizaron a illa, e os holandeses facilmente fundaron un asentamento alí en 1631, construíndo Fort Amsterdam como protección contra os invasores. Jan Claeszen Van Campen converteuse no seu primeiro [[Lista de gobernadores Sint Maarten | gobernador]], e pouco despois a [[Compañía Holandesa das Indias Orientais]] comezou as súas operacións nas minas de sal. Asentamentos franceses e [[Reino Unido | británicos]] xurdiron tamén na illa. Tomando nota destas exitosas colonias e con ganas de manter o seu control do comercio do sal, os españois atoparon agora a San Martiño moito máis atractivo. A [[Guerra dos oitenta anos]] que librabase entre España e os Países Baixos proporcionou un incentivo máis para atacar.
 
As forzas españolas [[Captura de San Martín | capturaron San Martiño aos holandeses]] en 1633, tomando o control e o mando da maioría ou a totalidade dos colonos da illa. En Point Blanche, construíron o que hoxe é o ''Antigo Forte Español'' para controlar o territorio. Aínda que os holandeses tomaron represalias en [[Ataque a Sint Maarten| varios intentos de recuperar]] San Martiño, fracasaron. Quince anos despois de que os españois conquistaran a illa, terminou a Guerra dos Oitenta Anos. Posto que xa non necesitaban unha base no Caribe e San Martiño apenas daba beneficios, o españois perderon o seu interese en defendela. En 1648, abandonaron a illa.
En 1994, o [[Reino dos Países Baixos]] e [[Francia]] asinaron o [[tratado franco-holandes de control fronteirizo de San Martiño]], que permite controlar conxuntamente a fronteira franco-holandesa nos chamados "voos de risco ". Logo dalgún atraso, o tratado foi ratificado en novembro de 2006 polos Países Baixos, e posteriormente entrou en vigor o 1 de agosto de 2007.
 
O 10 de outubro de 2010, Sint Maarten converteuse nun [[país constituínte]] ({{lang-nl|Land Sint Maarten}}) dentro do Reino dos Países Baixos, polo que é un socio en igualdade constitucional con [[Aruba]], [[Curaçao]] e a propia [[Holanda (rexión)|Holanda]]. Sint Maarten ten o código SXM e SX,<ref>{{cite web|url=http://www.iso.org/iso/support/country_codes/iso_3166_code_lists/iso-3166-1_decoding_table.htm#SX|title=ISO 3166-1 decoding table|publisher=International Organization for Standardization|accessdate=2010-12-16}}</ref> de país, segundo a [[ISO 3166-1 alfa-2]] e o a extensión de Internet [[.Sx]] [[ccTLD]] estivo dispoñible para inscribirse o 15 de novembro 2012.<ref>123-reg Blog - [http://www.123-reg.co.uk/blog/domains/lets-talk-about-sx/ Let's talk about .SX!]</ref>
 
A poboación combinada dos dous territorios seguiu crecendo, aínda que a un ritmo máis lento, e en 2013 era ao redor de 75.000 habitantes.
11.096

edicións