Auga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m arranxiño
Isili0n (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 4:
A '''auga''' é unha [[substancia química|substancia]] cuxas [[molécula]]s están formadas por dous [[átomo]]s de [[hidróxeno]] e un de [[Osíxeno (elemento)|osíxeno]], xa que logo a súa [[Fórmula química|fórmula]] é H<sub>2</sub>O. É abundante no [[Universo]], inclusive na [[Terra]], onde cobre gran parte da súa [[Codia terrestre|superficie]] e é o maior constituínte dos fluídos dos [[seres vivos]]. As temperaturas do planeta permiten a ocorrencia da auga nos seus tres [[Estado de agregación da materia|estados físicos]] principais, pasando dun estado a outro nun [[ciclo da auga|ciclo continuo]]. A auga [[líquido|líquida]], que en pequenas cantidades é incolora, mais en grandes volumes manifesta unha coloración azulada, pode atoparse como [[auga doce]] (en [[río]]s, [[lago]]s, e [[montaña]]s), ou como [[auga salgada]] nos [[mar]]es e [[océano]]s que cobren case tres cuartos da superfície do planeta. No estado [[sólido]], as masas de [[xeo]] concéntranse principalmente nas rexións polares e, no estado [[gas]]oso, o [[vapor de auga]] forma parte da [[atmosfera terrestre]]. A 0 [[°C]] (273 aproximadamente na escala [[Kelvin]]) atópase en estado sólido como [[xeo]], e ferve a aproximadamente a 100&nbsp;°C. O punto de xeación espontánea atópase preto dos 233 K.
 
A auga posúe unha serie de características peculiares, coma a dilatación anómala]], o alto [[calor específico]] e a [[Solvente|capacidade de disolver]] un gran número de substancias. De feito estas peculiaridades favoreceron o xurdimento nos océanos primitivos da [[vida]] e a súa [[evolución]]. Tódolos seres vivos existentes precisan dela para a súa supervivencia, constituíndo a base de todo [[organismo pluricelular]]. A maior parte dos [[animal|animais]] e [[vexetal|vexetais]] conteñen unha alta porcentaxe de auga, e son poucas as [[especie]]s que poden sobrevivir nos lugares onde esta é escasa ([[deserto]]s e outras zonas áridas).
 
Na [[natureza]] nunca se atopa en estado puro, senón mesturada con [[mineral|minerais]] e outras moitas substancias. Aínda que os océanos cobren a maior parte da superfície terrestre, a súa auga é inadecuada para o consumo humano por culpa da súa [[salinidade]]. Só unha pequena fracción dispoñíbel sobre a superfície dos continentes que contén poucos sales disolvidos, a auga doce, é apta para o consumo directo. Con todo, a súa distribución non é uniforme, o que fai que diversas rexións sofran de escaseza hídrica. As actividades humanas, principalmente a [[agricultura]], necesitan grandes cantidades de auga que, ao seren retiradas do seu leito natural superficial ou dos [[acuífero]]s subterráneos, ten afectado negativamente na súa distribución sobre os [[continente]]s.
Liña 13:
 
== Funcións biolóxica da auga ==
A auga, compoñente maioritario da materia viva, constitúe por termo medio o 75% do seu peso, aínda que a proporción varía segundo as distintas especies, a idade do individuo e o tipo de [[Tecido (bioloxía)|tecido]]: canto máis novo é o organismo, e canto máis complexas son as funcións dun tecido, maior é o seu contido en auga.
 
As principais funcións biolóxicas da auga son:
* Participa no mantemento da forma e estrutura celular e dos organismos, sobre todo nas [[planta]]s.
* É un excelente disolvente, especialmente das substancias iónicas e dos compostos polares. Resulta indispensábel para o intercambio nutritivo entre as [[células]] e o seu medio, xa que só as substancias disoltas poden atravesar a [[membrana plasmática]], e actúa coma vehículo de transporte de diferentes produtos dun punto a outro do organismo. Amais, coma a maioría das biomoléculas están disoltas en auga, dese xeito reaccionan entre si; ou sexa, a auga actúa coma medio de reacción, en cuxo seo se producen as reaccións vitais.
* É un excelente disolvente, especialmente das substancias iónicas e dos compostos polares.
* Intervén como axente químico reactivo na [[hidratación]], [[hidrólise]] e [[oxidación]]-[[redución]].
* Permite o movemento no seu seo das partículas disoltas ([[difusión]]) e constitúe o principal axente de transporte de moitas substancias nutritivas reguladoras ou de excreción.
* É un excelente [[termorregulador]]. A auga absorbe máis [[Caloría|calorías]] que calquera outro composto para aumentar un grao a súa temperatura. Iso permítelle actuar coma regulador térmico pois, aínda que as reaccións vitais producen calor, a temperatura do ser vivo non aumenta: o alto contido hídrico da materia viva absorbe o exceso de calorías producidas.<ref>{{Cita libro|título = Biología y Geología|apelidos = Miguel González|nome = Carlos A.|editorial = Bachillerato Everest|ano = 2000|ISBN = 84-241-7568-9}}</ref>
* É un excelente [[termorregulador]].
 
=== [[Enfermidade]]s causadas por auga contaminada ===