Reloxo Astronómico de Praga: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 9:
Máis tarde (disque en torno de [[1490]]) engádese o [[calendario]] circular. Ademais a fachada do [[reloxo]] foi decorada con [[escultura]]s [[gótica]]s.
 
En [[1552]] foi reparado polo mestre-reloxeiro [[Jan Táborský]], que tamén escribiu un relato sobre o mesmo onde menciona que [[Jan Huze]], tamén coñecido como Hanus, fora o construtor do reloxo; informacioninformación enganosa que non foi corrixida até o [[século XX]].
 
Despois das reparacións de 1552, o reloxo parou de traballar e foi reparado moitas máis veces. No [[século XVII]], engadíronse as [[estatuas]] móbiles. As figuras dos [[apóstolo]]s, no cume, foron adicionadas nunha gran reparación entre [[1865]] e [[1866]].
 
O reloxo sufriu moitos danos ao final da [[Segunda Guerra Mundial]] cando os [[Alemaña nazi|alemán]]s apuntaron fogo da [[artillaria]] á casa do concello. Toda a área foi queimada, xunto coas esculturas de [[madeira]] do ''Orloj'', así como a face do calendario, de gran valor artístico, obra de Josef Manes. A [[máquina]] orixinal foi reparada e o reloxo volveu ao seu funcionamento normal en [[1948]].
 
Existen algunhas historias pouco realistas sobre a construción do reloxo astronómico. Por moito tempo, creuse que fora construído en 1490 polo mestre-reloxeiro Hanus e mailo seu asistente [[Jakub Čech]]. Outra historia ficticia di que o mesmo reloxeiro foi cegado para que non puidese construirconstruír outro reloxo semellante.
 
[[Ficheiro:Orloj-AstronomicalDial.jpg|300px|thumb|O cuadrante astronómico do reloxo]]