Valencia: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 77:
A finais do [[século XIV]], a morte sen descendentes de Martí l'Humà (Martiño I), desemboca no Compromiso de Casp (compromiso para elixir un novo Rei) e a entronización dos [[Casa de Trastámara|Trastàmara]] na [[Coroa de Aragón]]. No ditame xogaron un destacado papel os irmáns Ferrer: Bonifaci e Vicent.
 
No [[século XV]] Valencia vive unha etapa de gran desenvolvemento económico e de grande influencia política. Créase a ''Taula de Canvis i Depòsits'' (Mesa de Trocos e Depósitos), unaunha banca municipal en apoio das operacións comerciais e a industria local, na que destacaban os téxtiles, acada un gran desenvolvemento, tornándose a cidade nun emporio comercial ao cal acoden mercadores de tódolos recunchos de [[Europa]]. A finais do século constrúese a [[Llotja de la Seda]] (Lonxa da Seda, hoxe [[Patrimonio da Humanidade]]), un centro de transaccións e verdadeiro templo do [[comercio]].
 
Este auxe económico reflíctese tamén no plano artístico e cultural. Eríxense agora algúns dos edificios máis emblemáticos da cidade, coma as [[Torres de Serrans]] ([[1392]]), a [[Llotja de la Seda|Lonxa]] ([[1482]]), o [[Micalet]] ou a capela dos Reis do [[convento de Sant Doménec]]. Na [[pintura]] e [[escultura]] déixanse sentir as correntes [[Flandres|flamengas]] e italianas en artistas coma [[Lluís Dalmau]], [[Gonçal Peris]] o [[Damià Forment]]. En [[literatura]], baixo a protección de Afonso III de Valencia florecen autores coma [[Ausiàs March]], [[Roïç de Corella]], [[Isabel de Villena]] ou [[Joanot Martorell]], que escribe a prestixiosa novela [[Tirant lo Blanc]]. Este foi en definitiva o ''segle d'or'' (século de ouro) da literatura valenciana e por extensión da catalá.