Conversa Wikipedia:Evita as autorreferencias: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Nova sección: →‎un par de detalles
Nemigo (conversa | contribucións)
→‎Opinión: ti verás
Liña 9:
O texto está entre confuso e irrelevante. O medio que estamos a empregar ten un montón de recursos que NON son asimilables a unha versión impresa. Non podemos empregar vídeo xa que se alguén imprime o artigo non poderá usalo? Ou debemos empregar fotos en branco e negro porque alguén pode imprimir o artigo ou fotocopialo? O medio que estamos a empregar ten moitas posibilidades e o lóxico é aproveitalas. As limitacións que teñan os usuarios é asunto de seu ou da súa elección. Cada usuario pode acceder á información e seleccionar a que quere. Tampouco ten moito senso dicir que non se cite a wikipedia ou se mencione que algo non se pode dicir por motivos legais. Non se decatan que non temos logos rexistrados? Tamén convén lembrar que o <b>tono neutro dos artigos xa os condiciona</b>. Non lle vexo utilidae a esta "normativa" que pode facer máis complicado editar e crear artigos. Penso que o importante é ter unha normativa con sentidiño e doada de seguir. O uso da información xa é cousa de cada un. [[User:Nemigo|Nemigo]] [[File:Bandeira galega civil.svg|20px]] 8 de outubro de 2015 ás 22:35 (UTC)
:A proposta non di nada de que non se poidan empregar videos, nin fotos a cor, non é unha imposición técnica. Dicir que non se cite a Wikipedia ten o propósito de que os artigos traten en exclusiva do tema propio do artigo, facendo a mínima referencia posible ao medio no que se atopan, neste caso a Wikipedia. ''Non se decatan que non temos logos rexistrados? '' -> Non entendo o que queres dicir con iso, polo que ahi non podo comentar nada. Tampouco di nada da neutralidade dos artigos, para iso xa está [[WP:PVN]]. Na miña opinión non fai máis complicado nin editar nin crear, só advirte de non facer referencias propias nos artigos en sí para manter o tema enfocado. Entendo que é un concepto doado, máis eres libre de opinar o contrario. [[User:Banjo|<span style="font-family:Verdana; font-size:medium; color:#000000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">☣'''''Banjo''''']]</span> <sup>[[User talk:Banjo|<span style="font-family:Verdana; font-size:x-small; color:#dd0000; text-shadow:gray 0.2em 0.2em 0.5em;">'''''tell me''''']]</span></sup> 8 de outubro de 2015 ás 22:46 (UTC)
::Volvín ler o texto:
::{|style="background:Ivory; border: 2px solid silver; border-radius: 8px 8px 8px 8px; color: Black; float:left;"
|-
|<i>En xeral, as <b>referencias que indican que o artigo está a ser visto na Wikipedia</b>, ou as referencias a políticas e cuestións técnicas propias do uso da Wikipedia deben evitarse na medida do posible. Este tipo de autorreferencias limitan o uso do contido libre da Wikipedia en posibles obras derivadas, tal e como permite a licenza da Wikipedia.</i>
|}
::Entón quedamos en que no texto NON se poña o nome Wikipedia, que se evite facer referencia á wikipedia. Parece ser que este é o obxectivo. Cando alguén colle un texto da wikipedia ou fai un pdf xa pon na propia páxina Wikipedia. O pon na páxina e nas etiquetas de edición da páxina, esto último parece ser que está excluido da recomendación de non poñer wikipedia. Pero é que wikipedia vaino poñer de tódolos xeitos, tanto ten que o poñas ou non. Por outra banda o estilo de escribir na wikipedia (punto neutro) fai que todo o texto se vexa como sacado da wikipedia, tanto ten que non poñas wikipedia (telo que adaptar). Xa se ve polo estilo do texto é un plaxio. Lembrar tamen que neses mesmos textos que se pretende facilitar o seu uso libre pon marcas comerciais ou nomes propios. Poñer wikipedia limita esto pero poñer caca-cola non limita ese uso libre?</br>
::Noutro punto pon:
::{|style="background:Ivory; border: 2px solid silver; border-radius: 8px 8px 8px 8px; color: Black; float:left;"
|-
|<i>Aínda que a Wikipedia non é unha enciclopedia impresa, <b>os artigos deben estar escritos de maneira que faciliten a súa transmisión en calquera medio, incluíndo medios escritos ou orais</b>. Os termos do tipo "este artigo" son preferibles aos do tipo "esta páxina web", e termos do tipo "faga clic aquí" deben evitarse, xa que non aplican para outro tipo de medios e formatos.</i>
|}
::Se o texto e contido multimedia da wikipedia se pasa a outro formato pode ser que se perda parte da información: non se visualicen imaxes, sons, gráficos, cores, etc. Pero eso depende do medio que se empregue non da propia wikipedia. Non ten sentido limitar o uso destes medios. Non é o mesmo un pdf que unha fotocopia, un vídeo que un texto impreso. Todo esto é allego á wikipedia e á súa edición. A wikipedia ten metaligazóns internas que SEMPRE se perderán ao cambiar o formato ou pasala a outro medio. No texto non se pode dicir: <i>no vídeo adxunto pódese ver máis información...</i> porque pode que pasen a páxina da wikipedia a outro formato? Entón para que poñemos o vídeo na wikipedia? Ou poñer no texto: <i>os gráficos en cor vermella diferencianse dos azuis...</i> Xa que o usuairo pode ter pasado a wikipedia a unha fotocopia en branco e negro.
::Este é de traca:
::{|style="background:Ivory; border: 2px solid silver; border-radius: 8px 8px 8px 8px; color: Black; float:left;"
|-
|<i>A Wikipedia é unha enciclopedia, polo que <b>os seus artigos deben tratar sobre o propio tema dos artigos, e non sobre os artigos en si mesmos</b>. <u>Se a mención pública a un determinado artigo da Wikipedia resulta ser relevante en determinados ámbitos, dita información <b>non debe incluírse no artigo agás que sexa relevante para o propio artigo</b>.</u> En xeral, <b>unha mención da Wikipedia por parte dunha personalidade notable non xustifica a súa inclusión no seu artigo na Wikipedia</b>.</i>
|}
:: "Agás que sexa relevante..." Quén decide se é relevante, e se non o é para que se pon? Entón na páxina sobre a princesa de asturias NON se debe citar que á wikipedia lle concederon o premio princesa de Asturias? Noutra páxina sobre unha base francesa se cita que a un editor da wikipedia o ameazaron os servizos secretos franceses para que borrase a páxina, esto tampouco se debe poñer? Ou si se debe poñer por ser relevante? Non se debe poñer se non é relevane e si se é relevante. Pois como en tódolos artigos! Ponse o que é relevante e non o que é irrelevante!
 
::{|style="background:Ivory; border: 2px solid silver; border-radius: 8px 8px 8px 8px; color: Black; float:left;"
|-
|Unha autorreferencia que asuma que o lector está a ler unha enciclopedia, sen referenciar que enciclopedia (Wikipedia) ou en que formato (internet), si pode resultar aceptable en determinados contextos. Por exemplo, mencións de tipo legal coma "Este artigo non menciona os nomes de X polo motivo legal Y" ou mensaxes de aclaración de contidos de tipo "Para outros usos deste termo, véxase X" ou "Véxase tamén"
|}
::Non se debe poñer a gas que deba poñerse...<br>
::Resumido o concepto: Non o fabas a menos que teñas que facelo, non abras a porta a menos que coñezas ao que chama, non cruces a rúa se ves que te pode pillar un coche... [[User:Nemigo|Nemigo]] [[File:Bandeira galega civil.svg|20px]] 9 de outubro de 2015 ás 09:07 (UTC)
 
== un par de detalles ==
Volver á páxina do proxecto "Evita as autorreferencias".