Cruz monumental: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Nachonion (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Cruceiro, Belles de Abaixo, Macenda, Boiro.jpg|dereita|thumb|190px|[[Cruceiro]] en Belles de Abaixo, Macenda, [[Boiro]], [[Galicia]].]]
 
Unha '''cruz monumental''' é unha [[cruz]] cristiá, normalmente de [[pedra]], illada ou que forma parte dun [[Calvario (relixión)|calvario]] ou dun [[viacrucis]]. Desenvolvidas dende o [[século XI]] co abrollar da [[arte románica]], as cruces monumentais acadan ou seu apoxeo no [[século XVI]] agás no caso dos [[cruceiro]]s (chamados noutras linguas cruces de encrucilladas: ‘’croix de chemins’’ en francés ou ''wayside crosses'' en inglés) que acadan o seu apoxeo nos [[século XVIII]] e especialmente os calvarios e cruceiros máis elaborados (''calvaires'' en francés) no [[século XIX|XIX]]<ref>Hervé et Louis Martin, ''Croix rurales et sacralisation de l’espace. Le cas de la Bretagne au Moyen Âge'', Archives de science sociale des religions, 43/1, 1977</ref>. Particularmente neste período, estas estruturas convértense en lugares de reunión para pregar nas festas relixiosas (coma o [[Corpus Christi]], o mes de María ou o [[Venres Santo]]) ou para pedir a graza de Deus contra males de todo tipo (guerras, epidemias, incendios, secas…)<ref> Jacques Baudoin, ''Croix du Massif Central'', éditeur Créer, 2000, p. 432; e Christophe Lefébure, ''Croix et calvaires, chefs-d'oeuvre de l'art populaire'', Flammarion, marzo de 2004.</ref> En [[Galicia]] e [[Norte de Portugal]] son moi abondosas (entre 10.000 e 12.000 só en Galicia e uns 9.000 na Bretaña<ref>''Gran Enciclopedia Galega'', tomo 12, px. 236; e ''La Voz de Galicia'', 17.02.2007.</ref>) e normalmente se erguían en encrucilladas e lugares nos que ás veces existían xa cultos [[paganismo|pagáns]] á [[natureza]], de aí a existencia de cruces semellantes noutras zonas da [[Europa atlántica]] con semllantes ritos ancestrais<ref>teoría xa proposta por [[Manuel Murguía|Murguía]] e mantida por case tódolos autores</ref>.
 
== Historia ==