Barita: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nova páxina: thumb|rigth|250px|Rosa de barita A '''barita''' (tamén chamada ''baritina''; do grego ''baros'' que significa pesado) é un mineral da clase dos sulfatos ...
(Sen diferenzas.)

Revisión como estaba o 17 de maio de 2007 ás 14:57

A barita (tamén chamada baritina; do grego baros que significa pesado) é un mineral da clase dos sulfatos cuxa fórmula química é BaSO4 (sulfato de bario).

Rosa de barita

Propiedades físicas

Fórmula químicaBaSO4
ClaseSulfatos
Sistema cristalinoRómbico
CorIncolora, branca, gris, amarela, vermella e azul
BrilloNacarado
Dureza3-3,5
FracturaConcoidea
ExfoliaciónPerfecta
RaiaBranca
Densidade4,48 g/cm3

Aspecto

Os cristais de barita son xeralmente tabulares e paralelos á base, en ocasións co aspecto de ataúd. Se os cristais tabulares son diverxentes forman o que se chama rosa de barita, moi parecida estéticamente á rosa do deserto do xeso.

Lugares onde se atopa

É un mineral moi común. Aparece frecuentemente nos filóns de minerais metálicos da mesma forma que o fai o seixo e a calcita.

Usos da barita

A barita é a principal fonte de bario. Debido a súa alta densidade (para tratarse dun mineral non metálico) a barita é usada nos lodos de perforación de pozos.

Outros sulfatos

Outros sulfatos importantes son a anglesita, a anhidrita, a celestina e o xeso.