Cruceiro: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 2:
[[Ficheiro:Cruceiros de Galicia.gif|miniatura|280px|dereita|Cruceiros de Galicia]]
 
Un '''cruceiro''' é un [[Cruz monumental|monumento]] [[Relixión|relixioso]] constituído por unha [[Cruz monumental|cruz de [[pedra]], cunha ou varias imaxes, elevada sobre unha [[Columna (arquitectura)|columna]] asentada sobre unha plataforma e situado, normalmente, en lugares públicos, principalmente encrucilladas, beiras de [[camiño (rede viaria)|camiños]], adros de [[Igrexa (arquitectura)|igrexas]] etc., lugares nos que ás veces existían xa cultos [[paganismo|pagáns]] á [[natureza]] (teoría xa proposta por [[Manuel Murguía|Murguía]] e mantida por case tódolos autores).
 
O cruceiro é un dos monumentos máis fortemente enraizado na terra e na cultura [[Galicia|galegas]], intimamente vencellado á [[paisaxe]] rural galega. Xorde nos máis inesperados recunchos e constitúese en obxecto de respecto e devoción populares. Hoxe séguense a esculpir e plantar en [[praza]]s, [[xardín]]s e propiedades particulares pero xa cun obxectivo decorativo nada máis. O cruceiro tamén é característico doutras rexións do mundo con fortes raíces católicas, por exemplo [[Irlanda]] en [[Europa]] onde se chaman ''high cross'' as que son de moita influencia [[celta]] e que existen desde o [[século VII]]. Tamén aparecen cruceiros semellantes aos galegos e portugueses en amplas zonas de Francia (especialmente na [[Bretaña]]), [[Alemaña]] e [[Gran Bretaña]] (véxase artigo: [[Cruz monumental]]).
 
Non se coñece o número dos existentes en Galicia, e a distribución por provincias é desigual, observándose unha maior abundancia nas provincias da [[A Coruña|Coruña]] e [[Provincia de Pontevedra|Pontevedra]] e sendo máis escasos en [[Lugo]] e [[Ourense]]. [[Clodio González Pérez]] di que pasan dos 10.000, entre cruces e cruceiros.<ref>''Gran Enciclopedia Galega'', tomo 12, px. 236.</ref> A Universidade da Coruña, que está realizando desde 1993 un inventario concello a concello, estima o número en "polo menos 12.000".<ref>''La Voz de Galicia'', 17.02.2007.</ref>