Juan Bautista Celma: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Lameiro (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 10:
 
[[Ficheiro:Catedral, Capela da Azucena 02-01b.jpg|miniatura|250 px|esquerda|''A Exaltación de San Pedro'', na bóveda da capela da Azucena da Catedral de Santiago]]
Na Catedral de Santiago, onde traballou durante máis de 30 anos seguidos, unha das súas primeiras actuacións (1569) foi unha serie de cinco grandes táboas que pechaban os espazos entre as columnas da capela maior. Estaban pintadas polas dúas caras para ser contempladas desde a capela e desde o [[deambulatorio]] e representaban, na cara do altar, escenas da vida e pasiónpaixón de [[Cristo]], e, na cara do deambulatorio, os misterios gloriosos do [[rosario (cristianismo)|Rosario]]. Hoxe só se conserva parte dunha delas no [[Museo Catedralicio de Santiago de Compostela|Museo da Catedral]], no que se ve un fragmento da [[Resurrección]], por unha cara, e da [[Epifanía]], pola outra. Outra obra súa son as pinturas murais da bóveda e paramentos da capela da Azucena, que representan a ''Exaltación de San Pedro'' e a ''Conversión de San Paulo''.
 
Tamén son obra súa os sepulcros do cardeal Xoán Martínez Ternero (1581) e de Mencía de Andrade (1582), conservados nas capelas da Catedral de Santo André e da Azucena respectivamente; e o do arcebispo Xoán Vidal nas escaleiras da Azabachería.