Cirurxía: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
mSen resumo de edición
Liña 20:
 
En occidente, na [[Idade Media]], os médicos son clérigos, e non laicos. Algúns ocupaban mesmo altas funcións eclesiásticas. O seu casamento estaba (e está) prohibido pola Igrexa católica, e por iso non podían dar os seus coidados ás mulleres (de aí a necesidade de [[comadroa]]s e [[parteira]]s). Aínda por riba, non podían exercer a cirurxía porque ''"Ecclesia abhorret a sanguine"'' (a Igrexa ten horror ao sangue).<ref>En [[1163]], no [[concilio de Tours]], A Igrexa decreta: ''Ecclesia abhorret a sanguine'' [http://www.web.ordre.medecin.fr/rapport/identiteculturelle.pdf Pratique médicale et identité culturelle], Informe da Comisión Nacional Permanente adoptada con ocasión da Reunión do Consello Nacional dos Colexios médicos de Francia de 18 de xuño de 2005.</ref> Finalmente, un médico non tiña o dereito de exercer unha profesión manual. Por esta razón, os actos cirúrxicos lles estaban tamén prohibidos. Estes encoméndanse aos [[barbeiro]]s que, ademais de cortar o pelo e barbear, tiraban os dentes, trataban as feridas e as úlceras, practicaban as incisións dos abscesos, as sangrías etc., despois do diagnóstico dun médico. De aí a denominación de ''cirurxián-barbeiro''.
[[Ficheiro:Queen Marie Terese31Thérèse and her son the Dauphin of France, dated circa 1663 by Charles Beaubrun.jpg|miniatura|dereita|180px|[[María Tereixa de Austria]] e seu fillo maior Luís, o ''Gand Dauphin''.]]
[[Ficheiro:Nicolas de Largillière 003.jpg|miniatura|dereita|250px|[[Luís XIV]] e a súa familia, por Nicolas de Largillière.]]