Wikipedia:Fontes fiables: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Banjo (conversa | contribucións)
m orto
Liña 65:
As fontes non neutrais máis habituais adoitan ser de corte político, financeiro, relixioso ou filosófico. Aínda que a fonte pode ser non neutral, pode ser fiable no contexto específico tratado no artigo. Ao tratar con fontes potencialmente non neutrais, os editores deben considerar se a fonte cumpre os criterios normais para as fontes fiables, como son o control editorial e a reputación de comprobación dos feitos.
 
== Fontes cuestionables e fontes auto- publicadas==
{{AP|Wikipedia:Verificabilidade#Fontes que xeralmente non son fiables}}
===Fontes cuestionables===
As fontes cuestionables son aquelas cunha pobre reputación na comprobación de feitos, ou sen control editorial. Ditas fontes inclúen páxinas web e publicacións que expresan puntos de vistas amplamente recoñecidos coma extremistas, que son promocionais por natureza, ou que dependen en gran medida de rumores e opinións persoais. As fontes cuestionables non son axeitadas para citar afirmacións controvertidas sobre terceiras partes, incluíndo afirmacións en contra de institucións ou persoas vivas ou falecidas. O uso axeitado de fontes cuestionables é moi limitado/inexistente.
===Fontes auto- publicadas (en liña e papel)===
Calquera pode crear unha [[páxina web]] persoal ou auto- publicar o seu propio libro, e afirmar ser un experto nun campo determinado. Por este motivo, a maioría de auto- publicacións adoitan non ser fontes fiables xeralmente, xa sexan libros autopublicadosauto publicados, páxinas web persoais, [[wiki]]s abertas, blogs, páxinas persoais en [[rede social|redes sociais]], foros ou [[Twitter|tweets]].
 
"Blogs" neste contexto fai referencia a blogs persoais e grupaiscolectivos. Algúns medios de comunicación posúen columnas interactivas chamadas blogs, que poden ser aceptables coma fontes fiables en tanto os autores dos mesmos sexan xornalistas profesionais ou expertos na materia tratada no propio blog, e este estea baixo o control editorial do medio en si. As mensaxes escritas polos lectores do blog non deben empregarse nunca coma fontes.
 
O material auto- publicado pode resultar aceptable en ocasións, cando o autor sexa un experto establecido que teña a súa obra '''no campo relevante''' publicada por '''terceiras partes fiables'''. A información auto- publicada non debe empregarse nunca coma unha fonte de terceiros sobre outra persoa viva, aínda que o autor sexa un coñecido investigador ou escritor profesional.
 
===Fontes auto- publicadas e fontes cuestionables coma auto-referenciasautorreferencias===
As fontes auto- publicadas ou fontes cuestionables poden empregarse coma fontes de información '''sobre si mesmas''', particularmente en artigos que traten sobre elas, sen o requirimento de estar publicadas por expertos na materia, mentres cumpran os seguintes criterios:
 
* O material non é excesivamente interesado nin unha afirmación excepcional.