Henrique II de Castela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Anox (conversa | contribucións)
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 11:
Fuxiu en [[1356]] para a Francia, cando o irmán subiu ao trono. Recibiu axuda en [[1365]] do rei [[Carlos V de Francia]] que mandou [[Bertrand du Guesclin]] levar a Castela as ''Grandes Compagnies'' para combater a Pedro e o seu aliado inglés, o Príncipe Negro. Vencido o [[3 de abril]] de [[1367]] en Nájera polo Príncipe Negro, sendo preso Bertrand, fuxiu para Aragón. Libre, Bertrand du Guesclin logo obtivo a vitoria de [[Montiel]] ([[1369]]). Sitiou o irmán, cos mercenarios de du Guesclin, en Montiel, na Mancha, e asasinouno nunha entrevista o [[23 de marzo]] de [[1369]].
 
Gobernou 10 anos apoiado pola Francia, na súa guerra contra as fillas de Pedro, alcumadas de bastardas. Asegurou o trono ao vencer a [[Fernando I de Portugal]] e [[Xoán de Gante]], Duque de Lancaster, pretendentes da Coroa castelá, e ao se aliar fielmente a Carlos V. En [[1372]] a súa flotafrota cooperou por dúas veces para tomar dos ingleses [[La Rochelle]].
 
O [[23 de marzo]] de [[1369]] asasinou o irmán, don Pedro, colocando así un punto final no conflito que había moito se arrastraba e opuña os dous irmáns na loita polo poder. Este acontecemento traería graves consecuencias, xa que gran parte das cidades apoiaban o reinado de D. Pedro. Henrique parte para a [[Guerra dos Cen Anos]], pasando a maioría do seu reinado combatendo as pretensións de [[Xoán de Gante]], fillo de [[Eduardo III de Inglaterra]], que reclamaba o trono por dereito da súa segunda esposa, filla de Pedro.