Mar Mediterráneo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
m refs
Imxavitooh (conversa | contribucións)
Liña 83:
Durante o Terciario, o mar de Tetis foise estreitando polo leste ata que se formou unha gran cunca mariña case separada do océano aberto. Esta cunca abarcaba nunha mesma masa de auga ao Mediterráneo, ao [[mar Negro]] e ao [[mar Caspio]]. Por occidente, seguía conectado a mar aberto a través de superficies hoxe en día emerxidas do sur da [[Península Ibérica]] e o norte de [[Marrocos]].<ref name=SAL />
 
Fai uns 6 ou 5 millóns de anos, o Mediterráneo desecouse ao quedar desconectado do [[océano Atlántico]], un acontecemento coñecido como a [[crise salina do Mesiniense]]. Este fenómeno xerou enormes depósitos de sal no fondo do Mediterráneo e diminuíu a salinidade do océano global.<ref>Hsü, K.J., M.B. Cita, W.B.F. Ryan, The origin of the Mediterranean environments, Initial Report of the Deep Sea Drilling Project, vol. 13, US Government Print. Office, Washington, 1973, pp. 1203–1235.</ref> Tamén hoxe en día, se o [[estreito de Xibraltar]] se pechase, secaríase o Mediterráneo posto que este é un mar no que se evapora máis auga da que entra polos ríos, debido ao clima cálido e templadotemperado. Este déficit hídrico provoca actualmente unha salinidade máis elevada que no [[Océano Atlántico|Atlántico]], océano do cal recibe a auga que perde debido á [[evaporación]]. O fenómeno inspirou o proxecto [[Atlantropa]] na década de [[1930]], que prevía a construción dunha presa no [[estreito de Xibraltar]] que permitise producir enerxía e desecar parcialmente o mar.
 
Dentro duns 5 millóns de anos, o [[estreito de Xibraltar]] pecharase novamente e o Mediterráneo quedará reducido a uns poucos [[lago]]s hipersalinos. Sábese polos depósitos salinos do fondo do mar que isto xa sucedeu fai uns poucos millóns de anos, concretamente 5,33. Entón a diferenza de nivel entre o [[Atlántico]] e o Mediterráneo provocou a ruptura do dique de [[roca]] que se formou no Estreito. O que tardara miles de anos en secarse encheuse nuns poucos anos; hase especulado con cifras de ata 2 anos, xa que se puido especificar nun enchido de 10 metros diarios.<ref>{{Cita Web