Diferenzas entre revisións de «Cruceiro»

m
En calquera caso, parece aceptarse unanimemente a teoría de [[Castelao]] de que os cruceiros son unha creación [[arquitectura gótica|gótica]].<ref>Teoría compartida por investigadores como [[Xosé Filgueira Valverde]] ou Xosé Carlos Valle Pérez.</ref> A orixe dos cruceiros, tal como os entendemos hoxe, pode situarse na segunda metade do [[século XIV]]<ref>Filgueira Valverde menciona un cruceiro citado nun documento do arquivo da [[Catedral de Lugo]], datado en [[1215]], pero é máis probable que se trate da referencia a un "castiñeiro" ou "carballo das cruces", que marcaban os lindes entre lugares ou parroquias, frecuentes na montaña luguesa ata hai pouco.</ref> ou xa no [[século XV]]. O seu maior desenvolvemento produciuse no [[século XVII]], se ben non foron realmente valorados e estudados ata ben entrado o [[século XX]], a partir dos exhaustivos traballos de [[Castelao]] sobre as ''cruces de pedra'' en [[Galicia]] e na [[Bretaña]] <ref>Pero non se pode esquece-los precedentes de [[Bernardo Barreiro]], quen publicou en [[1888]] ''La Cruz del Hombre Santo'' e en [[1889]] ''Monumentos populares: las cruces y los cruceros'', textos nos que xa denunciaba o desinterese de intelectuais e gobernantes por estes monumentos.</ref>.
 
Castelao defendía a tese de que os cruceiros foron introducidos en Galicia por influencia das viaxes de [[Vicente Ferrer (santo)|San Vicente de Ferrer]],<ref>teoría hoxe desacreditada, Xesús Alonso Montero ''Os escritores galegos ante a guerra civil española, 1936-1939''. Galaxia, 2006, páxina 314</ref> que estivo por terras galegas en [[1412]] e trouxo o modelo das ''[[Cruz de termo|cruces de termo]]'' [[Comunidade Valenciana|levantinas]]. Tamén viaxou pola [[Bretaña]] francesa en [[1419]], onde morreu, o que lle permite explica-la semellanza entre os cruceiros galegos e bretóns, esa semellanza podería deberse á influencia que exerceu o [[Camiño de Santiago]], que permitiu que os peregrinos bretóns trouxeran e levaran estilos e iconografía.
 
O cruceiro máis antigo que se conserva (o de [[Melide]], do século XIV) é unicamente unha cruz sobre unha columna moderna, do que Castelao deduce que, en orixe, os nosos cruceiros eran só cruces de pedra que se trasladaban dun lugar a outro ata asentarse nalgún momento sobre unha pedra ou sobre un pedestal. Da mesma época son tamén os cruceiros (realmente, cruces) das [[As Ribeiras do Sor, Mañón|Ribeiras do Sor]] (en [[Mañón]]) e o de [[Neda]].
21.426

edicións