Guerras napoleónicas: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Castelao (conversa | contribucións)
m Sustitución de "flota" (navíos) por "frota"
Liña 14:
Napoleón Bonaparte volveu en [[1799]], deixando a campaña no Exipto a cargo do seu segundo ao mando, o xeneral [[Jean Baptiste Kléber|Kléber]], quen foi posteriormente asasinado. Tomou o control do goberno francés en [[1799]], derrubando o [[Directorio (Francia)|Directorio]] coa axuda do ideólogo [[Emmanuel Joseph Sieyès]]. A ofensiva das forzas austríacas no [[Rin]] e en [[Italia]], converteuse nunha ameaza perentoria para Francia, pero todas as tropas rusas foran retiradas da fronte trala morte da tsarina [[Catarina II de Rusia]]. Napoleón reorganizou a milicia francesa e creou un exército de reservistas para apoiar tanto os esforzos no Rin coma en Italia. En todas as frontes, os avances franceses atoparon aos austríacos coa garda baixa. Nese momento, o exército francés contaba só con 300.000 soldados loitando contra as forzas da Coalición. En Italia, a situación era con todo máis delicada pola presión de [[Austria]], e Napoleón viuse forzado a mobilizar ao exército de reservistas. Chocou cos austríacos na [[Batalla de Marengo]] o [[14 de xuño]] de [[1800]], e podería perder a batalla de non ser pola decisiva intervención do xeneral [[Louis Charles Antoine Desaix de Veygoux|Desaix de Veygoux]], que atacou a retagarda austríaca e venceuna. Desaix morreu na batalla, e Napoleón conmemorou posteriormente a súa bravura construíndolle monumentos e tallando o seu nome no [[Arco do Triunfo de París|Arco do Triunfo]]. No [[río Rin|Rin]], en cambio, a decisiva batalla chegou cando un exército francés de 180.000 homes enfrontouse a 120.000 soldados austríacos na [[Batalla de Hohenlinden]] o [[3 de decembro]]. Austria foi definitivamente vencida e abandonou o conflito tralo [[Tratado de Lunéville]], en febreiro de [[1801]].
 
O maior problema pendente de Napoleón era agora o [[Reino Unido]], que permanecía como unha influencia desestabilizadora nas potencias continentais. O Reino Unido propiciara a [[Segunda Coalición]] a través do seu financiamento. Napoleón estaba convencido de que, sen unha derrota británica ou un tratado co Reino Unido, non podería conseguir unha verdadeira paz. O exército británico era unha ameaza relativamente pequena para Francia, pero a [[Royal Navy|Armada Real Inglesa]] era unha continua ameaza para a flotafrota francesa e para as colonias no [[Illas Caribes|Caribe]]. Ademais, os fondos económicos do Reino Unido eran suficientes para unir ás grandes potencias do continente contra Francia e, malia as numerosas derrotas, o exército austríaco aínda era un perigo potencial para a Francia napoleónica. En calquera caso, Napoleón non foi capaz de invadir [[Gran Bretaña]] dunha forma directa. Nas famosas palabras do almirante [[John Jervis]], primeiro Conde de San Vicente (en honra á histórica vitoria naval da [[Batalla do Cabo de San Vicente]] contra a escuadra franco-española): ''Eu non digo, señores, que os franceses non vaian vir; só digo que non virán por mar'' (palabras evidentemente irónicas tratándose Gran Bretaña dunha illa), expresábase a situación tralas derrotas da frota francesa na [[Batalla do Nilo]] ([[Aboukir]], [[1 de agosto]] de [[1798]]) e a posterior derrota da flotafrota combinada franco-española na [[Batalla de Trafalgar]] ([[21 de outubro]] de [[1805]]), ambas co almirante [[Horatio Nelson]] ao mando da flotafrota británica. Para rematar, foi doadamente contida unha expedición francesa a [[Irlanda]].
 
[[Ficheiro:Slaget på reden.jpg|miniatura|dereita|300px|[[Primeira Batalla de Copenhaguen|A batalla de Copenhague]] (2 de abril de 1801)]]
 
==== A Guerra das Canoneiras ====
[[Dinamarca]] e [[Noruega]], que orixinalmente declaráranse neutrais nas Guerras Napoleónicas, sacaron proveito da guerra a través do comercio e estableceron unha armada. Tras unha mostra de intimidación na [[Primeira Batalla de Copenhague]] ([[1801]]), os ingleses prenderon grandes números de naves da flotafrota dinamarquesa, na [[Segunda Batalla de Copenhague]] ([[1807]]). Isto rematou coa neutralidade dinamarquesa, encerellándose os dinamarqueses nunha guerra naval de guerrillas, onde con pequenos barcos canoneiros pretendían atacar aos barcos ingleses -moito maiores- que estivesen en augas dinamarquesas e norueguesas. A Guerra das Canoneiras rematou cando a frota inglesa obtivo a vitoria na [[Batalla de Lyngør]] en [[1812]], na cal foi destruído o derradeiro dos buques de guerra dinamarqueses, unha [[Fragata (buque)|fragata]].
 
==== A Paz de Amiens ====