Batalla de Salamina: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Sustitución de "flota" (navíos) por "frota"
Liña 20:
Xerxes creu o engano de Temístocles, polo que cercou a saída da illa de Salamina. A opinión dos seus conselleiros estaba dividida en canto que deber facer agora que a illa estaba cercada. O seu xeneral [[Mardonio]] prefería iniciar un ataque fronte as posicións gregas, mentres que [[Artemisia I de Caria]], aliada dos persas, cría que as pesadas naves persas se desenvolverían mal nas recortadas costas de Salamina, polo que aconsellou a [[Xerxes I]] que esperase a que os gregos quedasen sen provisións e se rendesen. Xerxes fixo caso ó consello de [[Mardonio]].
 
É curioso sinalar que esta raíña de [[Halicarnaso]], [[Artemisia]], foi a primeira muller almirante da historia, e que mandou nunha flotafrota de 400 navíos na batalla que estaba a punto de comezar.
 
[[Xerxes I|Xerxes]], o emperador persa, estaba seguro da vitoria do seu país, polo cal ansiaba contemplar a batalla. Por iso, mandou construír un trono no alto dun monte dunha illa próxima a Salamina, desde onde podía ver o desenvolvemento da batalla.