Septimio Severo: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - borrado de comas antes de etcétera [http://academia.gal/dicionario#searchNoun.do?nounTitle=etc%C3%A9tera]
Castelao (conversa | contribucións)
m Sustitución de "flota" (navíos) por "frota"
Liña 4:
 
== Traxectoria ==
Fora nomeado [[Cónsul romano|cónsul]] e era gobernador de [[Panonia]] e [[Iliria]], cando foi asasinado [[Pertinax]]. A entronización de [[Didio Xuliano]] creou un grande descontento no seo do exército nas provincias romanas. En [[Britania]], foi nomeado emperador [[Clodio Albino]] e nas provincias orientais foi [[Pescenio Níxer]] o proclamado. Foi en ''Carnutum'' onde '''Lucius Septimius Severus''' Pertinax foi nomeado emperador. Como estaba máis achegado a Italia, dirixiu as súas lexións cara a Roma. Fíxose co control da flotafrota ancorada en [[Rávena]] e, despois de rexeitar compartir o imperio con '''Didio Xuliano''', chegou a Roma, sendo recoñecido polo Senado como o novo Emperador.
 
As súas primeiras medidas, foron o de darlle as honras debidas a Pertinax, nome que asociou ao seu para conseguir o apoio do pobo romano. A segunda grande medida foi a de ordenar a disolución das cohortes pretorianas, que foron trocadas por militares das súas lexións e que lle eran completamente fieis. Viaxou cara a Britania para se entrevistar con Clodio Albino e asocialo ao trono, entregándolle Britania, [[Galia]] e [[Hispania]]. A continuación levou o seu exercito cara o Oriente, onde Pescenio Níxer non tomara medida ningunha para loitar, senón que fuxía das tropas de Septimio considerando o grande apoio que tiña entre os militares e reis de Oriente. Deste xeito, Septimio chegou a [[Bizancio]] esixindo a súa entrega, pero se negaron os seus gobernantes esperando a axuda de Pescenio Níxer e confiando nas súas inexpugnábeis defensas. Deixando asediada a cidade, Septimio continuou cara ao exército sublevado, ao que venceu en [[Isos]], dando morte a Pescenio Níxer no mesmo campo de batalla. Virando sobre as súas costas, o sitio de Bizancio chegou ao seu terceiro ano, e a cidade rendeuse pola fame. Derrubou as murallas e fixo matar a todos os seus gobernantes. Comezaba o que seria un sinal de identidade de Septimio Severo: a crueldade coa que se desfacía dos seus inimigos.