Diferenzas entre revisións de «Procopio de Cesarea»

m
Sustitución de "flota" (navíos) por "frota"
(Rávena)
m (Sustitución de "flota" (navíos) por "frota")
== Traxectoria ==
Era orixinario de [[Cesarea de Palestina]]. Estudou o grego clásico e asistiu a unha escola de dereito, probabelmente en [[Beirut]]. Cando aínda era mozo foi a [[Constantinopla]] e destacou como avogado e mestre en elocuencia, ata o punto que atraeu a atención de [[Belisario]], que o nomeou o seu secretario (ὑπογραφεύς). Nesta condición Procopio acompañou ao gran xeneral ás súas guerras en Asia, África e Italia, nas cales realizou a miúdo algunhas tarefas diplomáticas e mesmo operacións militares.
Durante a [[Guerra gótica de Italia]] recibiu o departamento do comisariado e á fronte da flotafrota tivo parte decisiva na vitoria da campaña. Foi testemuña de feitos como o [[Asedio de Roma (537-538)]] e a captura da capital dos [[godos]], [[Rávena]], onde se rendeu o rei godo [[Vitixes]]. Volveu con Belisario á capital un pouco antes do [[542]], pero non participou na segunda campaña do xeneral en terras itálicas, desta vez contra o novo rei godo [[Tótila]].
O emperador deulle o título de ''ilustre'', fíxoo senador e o [[562]] nomeouno prefecto de Constantinopla. Morreu pouco antes ou ao pouco da morte de [[Xustiniano I]] o [[565]], cando tiña algo máis de 60 anos.
== Obra ==
11.596

edicións