Imperio Romano de Occidente: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Castelao (conversa | contribucións)
m Sustitución de "flota" (navíos) por "frota"
Liña 21:
A crise apoderouse de forma irreversíbel de Occidente cando os [[visigodos]] baixo o mando de [[Alarico I]] se dirixiron a [[Italia]] no ano [[402]]. Nun primeiro momento, o xeneral romano de orixe [[vándalos|vándala]] [[Estilicón]], unha das últimas grandes figuras militares de Occidente, logrou pararlle os pés na [[Batalla de Pollentia]]. Para desgraza dos romanos, as tropas xa non abundaban tanto como antes e Estilicón só puido reunir homes suficientes retirando boa parte dos que vixiaban a fronteira do río [[Rin]]. A resultas de iso, no Nadal do [[406]] os vándalos, [[suevos]], [[francos]] e, en menor medida, os [[xépidos]], [[alanos]], [[sármatas]] e [[hérulos]], cruzaron de forma masiva o río xeado e se estenderon como unha praga por toda a Galia e logo por [[Hispania]], saqueando todas as cidades ao seu paso. Pouco despois Alarico volveu a ameazar a Roma esixindo o pagamento de importantes tributos, mentres en Britania un novo usurpador se coroaba a si mesmo como [[Constancio III]]. Estilicón mostrárase incapaz de atallar a crise e foi executado en [[408]].
 
As tropas romanas abandonaron Britania mentres era invadida por novos continxentes bárbaros co fin de acalmar a situación na Galia, pero pouco puideron facer. En todo o Imperio a autoridade romana desaparecía, e só as sucesivas capitais de Milán e [[Rávena]] contaban con forzas suficientes. Con este cadro, a Alarico foille doado chantaxear á abandonada cidade de [[Roma]] cercándoa sucesivamente en 408 e 409, retirándose cando obtiña o ouro convido co [[Senado]]. Pero o último ano non se lle puideron entregar as 4000 pezas esixidas e ordenou saquear a cidade en [[410]]. Tal feito foi visto polos propios romanos como o fin dunha Era e unha aldraxe inimaxinábel, pois a cidade que conquistara o mundo caía agora presa dos bárbaros. Alarico dirixiuse logo a [[Nápoles]] con intención de embarcar e saquear [[África]], pero morreu polo camiño. Sorprendentemente, [[Gala Placidia]], irmá do emperador [[Flavio Honorio|Honorio]] (refuxiado en Rávena) que fora capturada en Roma, conseguiu convencer aos visigodos para que asinasen a paz e se aliaran cos romanos. Selou esta alianza casando co novo rei visigodo, [[Ataúlfo (rei)|Ataúlfo]], ao cal se lle cedeu a [[Aquitania]] en [[412]] co fin de que restablecese a autoridade romana sobre a Galia, e o conseguiu tras longas guerras con outros pobos bárbaros. Posteriormente, os godos recibirían tamén a encarga de restablecer a orde sobre Hispania, o que conseguiron cunha ''pequena'' consecuencia: ao expulsar aos vándalos de Hispania en [[429]], estes dirixíronse a África e arrasárona, tomando [[Cartago]]. Alí apoderáronse do que quedaba da flotafrota romana e aprenderon a arte de navegar, estendendo o seu novo imperio marítimo sen problemas por [[Córsega]], [[Sardeña]], parte de [[Sicilia]] e as [[Baleares]]. Saquearon tamén moitas cidades, incluída de novo Roma en [[455]]. Os romanos perdían o dominio dos mares e a súa principal reserva de [[cereal|cereais]], a do Norte de África.
 
=== Os Hunos ===