Diferenzas entre revisións de «Compilador»

m
En [[linguaxe de programación|linguaxes de programación]] híbridas, o compilador ten o papel de converter o código fonte nun código chamado ''byte code'', que é unha linguaxe de baixo nivel. Un exemplo deste comportamento é o do compilador da [[linguaxe Java]] que, en vez de xerar código da máquina hospedeira (onde se está executando o compilador), xera código chamado '' Java [[Bytecode]]''.
 
Un compilador chámase de ''[[compilador Just in Time]]'' (JIT) cando o seu proceso de compilación ocorre xusto cando se chama ao código. Normalmente, o usuario ten a percepción de que un compilador JIT é un [[Intérprete (informática)|intérprete]].
 
Moitos compiladores inclúen [[preprocesador]]es. Un preprocesador normalmente é responsábel das mudanzas no código fonte destinadas de acordo coas decisións tomadas en tempo de compilación. Por exemplo, un programa en [[Linguaxe de programación C|C]] permite instrucións condicionais para o preprocesador que, ao preprocesarse, incluirá ou non parte do código segundo que unha asertiva lóxica sexa verdadeira ou falsa, ou simplemente un termo estea definido ou non. Tecnicamente, os preprocesadores son moito máis simples que os compiladores e vense polos desenvolvedores como programas á parte, a pesar de que esa visión non sexa necesariamente compartida polo usuario.
19.713

edicións