Reis Católicos: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Angeldomcer (conversa | contribucións)
Liña 143:
O [[3 de agosto]] de [[1492]] partiu Colón do [[Porto de Palos]] coa nave ''[[Santa María (barco)|Santa María]]'' –propiedade de [[Juan de la Cosa]]– e as carabelas a ''[[Pinta (carabela)|Pinta]]'' –propiedade dos [[irmáns Pinzón]]– e a ''[[Niña (carabela)|Niña]]'' –propiedade dos [[irmáns Niño]]–,<ref>{{cita libro|apelidos=González Cruz|nome=David|título=Descubridores de América, Colón, los marinos y sus puertos|ano=2012|editorial=SILEX EDICIONES|ISBN=978-84-7737-739-9}}</ref> con 120 tripulantes aproximadamente. O [[12 de outubro]] chegaron á illa de [[Guanahaní]], nas [[Bahamas]], e desde a que pasaron a [[Cuba]] e [[a Española]], dando comezo ao [[Descubrimento de América]]. O retorno de [[Martín Alonso Pinzón]] a Galicia e de Colón a Portugal desatou unha crise diplomática entre o rei de Portugal e os Reis Católicos que concluíu coa firma en 1494 do [[Tratado de Tordesillas]] para redistribuír a esfera de influencia territorial de cada país que se fixou no [[Tratado de Alcáçovas]]. Entre tanto os Reis enviaron unha [[Segunda viaxe de Colón|segunda expedición]] moito maior ás terras descubertas, tamén capitaneada por Colón.
 
Nas [[Indias]], anexionadas ao reino de Castela, instauráronse os sistemas administrativos tradicionais do reino castelán. Instituíuse en [[Sevilla]], en [[1503]], a [[Casa de Contratación]], para [[Monopolio|monopolizar]] e controlar o comercio con [[América]], Canarias e [[Berbería]], impedindo que calquera outro porto de España puidese facelo. Creouse a [[Real Audiencia|Audiencia]] de [[Santo Domingo de Guzmán|Santo Domingo]], en [[1510]] e, para a administración dos novos territorios, creouse un antecedente do [[Consello de Indias]] que máis tarde instituiría formalmente [[Carlos I de España|Carlos I]], en [[1523]], organizándoo a semellanza do [[Consello de Castela]].
 
Os reis conseguiron do papa o [[Patronato de Indias]], que lles permitiu controlar a Igrexa americana. Instauráronse ademais as [[encomendas]] para [[evanxelizar]] aos [[Indíxenas de América|indios]].