Diferenzas entre revisións de «Francisco Vázquez Díaz»

Fillo dun canteiro, profesión que adoptou dende novo. Traballou en talleres composteláns e en [[1920]] marchou a [[Madrid]] para ampliar os seus coñecementos artísticos. De formación autodidacta, deuse a coñecer o día de ano novo de [[1927]] cando colocou as súas tallas de animais a carón dos leóns do [[Congreso dos Deputados de España|Congreso dos Deputados]], como acto reivindicativo por non dispor dun lugar axeitado para facer unha exposición. Foi expulsado pola Garda civil, pero a acción iconoclasta acadou o seu obxectivo pois, ao día seguinte o artista era coñecido en toda España.
 
Encargouse da decoración do pavillón de Galicia da Exposición Iberoamericana de [[1929]] en Sevilla. En [[1930]] a [[Deputación da Coruña]] concedeulle unha bolsa para ampliar estudos no estranxeiro e viaxou a [[París]], onde estivo dous anos. Ao seu regreso realizou unha serie de exposicións en Madrid, Santiago de Compostela e [[A Coruña]], que o proxectaron como un dos máis destacados escultores do momento.
 
A [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] sorprendeuno en París. Foi o escultor oficial do Quinto Rexemento durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] e autor de bustos de Rafael Alberti, José de Diego e Luis Muñoz Rivera. Ao comezo da [[II Guerra Mundial]] foi detido nun campo de concentración no sur de Francia. De alí puido emigrar a [[República Dominicana]] en decembro de [[1939]]. En outubro de [[1940]] viaxou a [[Porto Rico]], invitado polo reitor da universidade, Juan B. Soto, para realizar demostracións de talla directa en madeira e expor as súas esculturas. Estableceuse en [[San Juan de Puerto Rico]] e casou coa profesora Margot Arce en 1942. Desenvolveu un labor pedagóxico no Instituto de Cultura Portorriqueña como director dos talleres de escultura ata a súa xubilación en 1968.
Usuario anónimo