Diferenzas entre revisións de «Francisco Vázquez Díaz»

m
(amaño referencia)
Encargouse da decoración do pavillón de Galicia da Exposición Iberoamericana de [[1929]] en Sevilla. En [[1930]] a [[Deputación da Coruña]] concedeulle unha bolsa para ampliar estudos no estranxeiro e viaxou a [[París]], onde estivo dous anos. Ao seu regreso realizou unha serie de exposicións en Madrid, Santiago de Compostela e A Coruña, que o proxectaron como un dos máis destacados escultores do momento.
 
A [[sublevación do 18 de xullo de 1936]] sorprendeuno en París. Foi o escultor oficial do Quinto Rexemento durante a [[Guerra Civil Española|Guerra Civil]] e autor de bustos de Rafael Alberti, José de Diego e Luis Muñoz Rivera. Ao comezo da [[II Guerra Mundial]] foi detido nun campo de concentración no sur de Francia. De alí puido emigrar a [[SantoRepública DomingoDominicana]] en decembro de [[1939]]. En outubro de [[1940]] viaxou a [[Porto Rico]], invitado polo reitor da universidade, Juan B. Soto, para realizar demostracións de talla directa en madeira e expor as súas esculturas. Estableceuse en [[San Juan de Puerto Rico]] e casou coa profesora Margot Arce en 1942. Desenvolveu un labor pedagóxico no Instituto de Cultura Portorriqueña como director dos talleres de escultura ata a súa xubilación en 1968.
 
A súa obra é, en parte, unha homenaxe á patria adoptiva. Tamén fixo algúns monumentos en pedra destinados a honrar a memoria de personaxes distinguidos: o poeta P. H. Hernández, o actor cómico Diplo e o soldado García Ledesma. Conseguiu sona a través das representacións de temática animalística (Crocodilo, Foca, Camelos, Cebú, Monos...) e especialmente coa serie de pingüíns humanizados e satíricos (Pingüín académico, Pingüín mona, Pingüín abade...), feitos en madeira e cos que fixo unha crítica divertida a diversos personaxes, entre eles, algúns da sociedade galega.
19.692

edicións