Abrir o menú principal

Cambios

m
[[Ficheiro:Spanish Galleon.jpg|miniatura|esquerda|200px|[[Galeón]] español, o símbolo do imperio marítimo de España.]]
 
Afrontando a crecente ameaza da [[piratería]], en 1564 os españois adoptaron un sistema de escolta moi adiantado ao seu tempo, coa saída das [[flotafrota de Indias|flotasfrotas do tesouro]] das Américas en abril e agosto. A política resultou eficiente, e tivo bastante éxito. Só dous convois foron capturados; un en 1628 que foi capturado polos holandeses, e outro en 1656, capturado polos ingleses, pero para entón os convois eran unha sombra do que foran no seu momento cume a finais do século anterior. Non entanto ata sen ser completamente capturadas, frecuentemente foron atacadas, o que inevitablemente tivo un prezo. Non todo o comercio marítimo do disperso imperio podía protexerse por grandes convois, permitindo aos [[corsario]]s holandeses, ingleses e franceses e aos [[pirata]]s ter a oportunidade de devastar o comercio entre as costas americana e española e asaltar asentamentos illados. Isto foi particularmente salvaxe a partir dos anos 1650, con ambos os bandos caendo en extraordinarios niveis de barbarie, ata polos estándares contemporáneos. España tamén tivo que encargarse da [[pirata berberisco|piratería berberisca]] no Mediterráneo e no Oriente da piratería holandesa nas augas ao redor das Filipinas.
 
A expansión do [[imperio español]] no Novo Mundo foi levada a cabo desde Sevilla, sen a dirección próxima dos dirixentes de Madrid. Carlos I e Filipe II estiveron principalmente ocupados cos seus deberes en Europa, e así o control das Américas foi levado por [[vicerrei]]s e administradores coloniais que funcionaban con efectiva autonomía. Os reis Habsburgos consideraron as súas colonias como sociedades feudais en vez de partes integrantes de España. Os Habsburgo, familia que gobernara tradicionalmente sobre diversos dominios non contiguos e fora forzada a delegar autonomía a administradores locais, duplicaron estas políticas feudais en España, particularmente no [[País Vasco]], [[Navarra]] e [[Aragón]].
99.899

edicións