Abrir o menú principal

Cambios

m
.
 
Carlos e o seu rexencia foron incompetentes en ocuparse da [[Guerra de Devolución]] que [[Luís XIV de Francia]] levou adiante contra os Países Baixos Españois en 1667-1668, perdendo considerable prestixio e territorio, incluíndo as cidades de [[Lille]] e [[Charleroi]]. Na [[Guerra dos Nove Anos]] Luís de novo invadiu os Países Baixos Españois. As forzas francesas lideradas polo [[François-Henri de Montmorency, duque de Luxemburgo|duque de Luxemburgo]] derrotaron aos españois en [[Batalla de Fleurus (1690)|Fleurus]] (1690), e posteriormente venceron ás forzas holandesas baixo [[GuillermoGuillerme III de Inglaterra|GuillermoGuillerme III]], que loitaban no bando de España. A guerra acabou coa maioría dos Países Baixos Españois baixo ocupación francesa, incluíndo as importantes cidades de [[Gante]] e [[Luxemburgo (cidade)|Luxemburgo]]. A guerra mostrou ao mundo o vulnerables e atrasadas que eran as defensas e burocracia españolas, aínda que o ineficaz goberno español non tomou ningunha acción para melloralas.
 
As últimas décadas do século XVII viron a decadencia e o estancamento completo en España; mentres o resto de Europa pasou por apaixonantes cambios no goberno e a sociedade -a [[Revolución Gloriosa]] en Inglaterra e o reinado do "Rei Sol" [[Luís XIV de Francia|Luís XIV]] en Francia- España continuou á deriva e pechada en si mesma. A burocracia española que se forxou ao redor do carismático, traballador e intelixente Carlos I e Filipe II esixía un monarca sólido; a debilidade de Filipe III e IV levou á decadencia de España. Como os seus desexos finais, o rei de España sen fillos desexou que o trono pasase ao príncipe Borbón [[Filipe V de España|Filipe de Anjou]], no canto da un membro da familia que lle atormentou durante toda a súa vida. Carlos II morreu en 1700, finalizando a liña da Casa dos Austria exactamente dous séculos despois de que nacese Carlos I.
101.288

edicións