Casa dos Austria: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 73:
Afrontando as guerras contra Inglaterra, Francia e os Países Baixos, cada unha dirixida por líderes extraordinariamente capaces, a xa esgotada España estaba desbordada. Loitando continuamente contra a [[piratería]] que dificultaba o seu tráfico marítimo no [[Océano Atlántico|Atlántico]] aínda que non interrompía os seus vitais envíos de ouro desde o Novo Mundo (só foi capturado un dos convois, o de 1628, polo holandés [[Piet Hein]]), a Real Facenda viuse forzada a admitir a quebra de novo en 1596. Os españois intentaron liberarse de varios conflitos nos que estaban involucrados, primeiro asinando a [[Paz de Vervins]] con Francia en 1598, recoñecendo a Henrique IV (convertido ao catolicismo desde 1593) como rei de Francia e restaurando moitas das estipulacións da anterior [[Paz de Cateau-Cambrésis]]. Un tratado con Inglaterra foi acordado en 1604, logo da ascensión do máis tratable rei [[Casa de Estuardo|estuardo]] [[Xacobe VI de Escocia e I de Inglaterra|Xacobe I]].
 
A paz con Inglaterra e Francia significou que España podería centrar as súas enerxías en restaurar o seu goberno das provincias holandesas. Os holandeses, liderados por [[Mauricio de Nassau]], o fillo de [[Guillerme I de Orange-Nassau|Guillerme de Orange]] e quizáquizais o mellor [[estratego]] do seu tempo, tiveron éxito en tomar varias cidades da fronteira desde 1590, [[Toma de Breda (1590)|incluíndo a fortaleza de Breda]]. Logo da paz con Inglaterra, o novo comandante español [[Ambrosio Spinola]] presionou duramente aos holandeses. Spinola, un xeneral de capacidade similar a Mauricio, non puido conquistar os Países Baixos, entre outras cousas pola repetición dunha nova quebra en 1607. Nun exercicio de realismo adecuado ao temperamento do rei [[Filipe III de España|Filipe III]] e o seu valido o [[duque de Lerma]], asinouse en [[1609]] a [[Tregua dos Doce Anos]] entre España e as [[Provincias Unidas]], período coñecido como ''[[Pax Hispánica]]''.
 
España non conseguiu grandes vantaxes da tregua, as finanzas seguiron en desorde e o imperio colonial seguiu sufrindo ataques cada vez máis humillantes, en beneficio sobre todo de Holanda. Nos Países Baixos, o goberno da filla de Filipe II, [[Isabel Clara Eugenia]] e o seu marido, o [[Alberto de Austria|arquiduque Alberto]], restaurou a estabilidade nos Países Baixos do Sur e amorteceu os sentimentos antiespañois na área. O sucesor de Filipe II, [[Filipe III de España|Filipe III]], foi un home de capacidade limitada non interesado en política, que prefería permitir que outros se encargasen dos detalles. O seu [[valido]], Lerma, atento sobre todo ao que tocaba aos seus intereses particulares, logrou dar a volta aos libros de contas españois e facerse un dos homes máis ricos de Europa cunha fortuna duns 44 millóns de [[tálero]]s. O éxito persoal de Lerma carrexoulle inimigos e alegacións ben fundadas de corrupción, que levaron ao cadafalso ao seu home de confianza, [[Rodrigo Calderón]]. En 1618 é substituído polo seu fillo o [[duque de Uceda]], no que pode considerarse como unha transición, pois alcanzou o poder apoiado polo bando nobiliario rival ao seu propio pai. Non será ata 1621, coa chegada do novo rei, [[Filipe IV de España|Filipe IV]], que os Sandoval fosen substituídos no posto de máxima confianza polos Zúñiga (primeiro [[Baltasar de Zúñiga]] e logo o [[conde duque de Olivares]]). Mentres que os validos de Filipe III habíanse desinteresado polos asuntos de Austria, o seu aliado dinástico; Zúñiga era un veterano embaixador de Viena e creu que a clave para conter aos resurxentes franceses e eliminar aos holandeses era unha alianza máis próxima cos Habsburgo.