Cancro de estómago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Miguelferig (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Miguelferig (conversa | contribucións)
m →‎Incidencia: ligazóns
Liña 26:
 
==Incidencia==
A pesar da diminución da incidencia do carcinoma nos últimos anos, esta enfermidade aínda é a causa de morte máis común por cancro en todo o mundo. A incidencia é moi variable por países. Por exemplo, en [[EUA]] preséntase unha incidencia de 11,1 , en [[Inglaterra]] de 22,1 e en [[Xapón]] de 100,2 por 100.000 habitantes. O que demostra a gran variabilidade que existe entre distintas rexións. A nivel mundial é a cuarta causa de casos novos de cancro por ano segundo un estudo do ano 2000, con 945.000 casos novos. O feito de que as poboacións que migran dun país con alta incidencia a outro onde é baixa mostren a partir da segunda xeración, un descenso significativo de casos de cancro gástrico suxire que a causa pode ser ambiental, e que existe un factor causal nos hábitos alimenticios. A pesar de que as diferenzas internacionais na incidencia son moi pronunciadas, as variacións con respecto ao sexo son escasas, epero é dúas veces máis frecuente en homes que en mulleres. A maior incidencia por idade encóntrase entre os 50 e 70 anos, cunha incidencia máxima arredor dos 60 anos, sendo infrecuente antes dos 30 anos. Petterson en 1987 nun estudo retrospectivo demostrou un incremento na incidencia de carcinomas da rexión do cardias. Por outra parte ; Meyer no mesmo ano publicou un descenso dos carcinomas da rexión antral. En Latinoamérica, [[Chile]] e [[Costa Rica]] destacan pola súa mortalidade de máis de 40 por 100000100.000 habitantes.
 
== Síntomas ==