Motor de combustión interna: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Liña 27:
[[Ficheiro:Carburador Solex.JPG|miniatura|170px|Carburador SOLEX monocorpo.]]
O sistema de alimentación de combustible dun motor Otto consta dun depósito, unha [[bomba de combustible]] e un dispositivo dosificador de combustible que vaporiza ou atomiza o combustible desde o estado líquido, nas proporcións correctas para poder ser queimado.
Chámase [[carburador]] ao dispositivo que ata agora viña sendo utilizado con este fin nos motores Otto. Agora os sistemas de [[inxección de combustible]] substituírono por completo por motivos medioambientais. A súa maior precisión na dosificación de combustible inxectado reduce as emisións de CO2[[Dióxido de carbono|CO<sub>2<sub/>]], e asegura unha mestura máis estable. Nos motores diésel dosificase o combustible [[gasoil]] de xeito non proporcional ao aire que entra, senón en función do mando de aceleración e o réxime motor (mecanismo de regulación) mediante unha [[bomba inxectora]] de combustible.
 
Nos motores de varios cilindros o combustible vaporizado lévase aos cilindros a través dun tubo ramificado chamado [[Colector (motor)|colector de admisión]]. A maior parte dos motores contan cun colector de escape ou de expulsión, que transporta fóra do vehículo e amortigua o ruído dos gases producidos na combustión.
 
=== Sistema de distribución ===