Diferenzas entre revisións de «Historia de Europa»

(→‎Renacemento: ligazón)
Desde o [[século V]] ao [[século XI|XI]] foron numerosas as rupturas seguidas de reconciliacións entre as igrexas de Occidente e Oriente <ref>Comby, Jean (1994): ''Pour lire l'Historie de l'Èglise. Des origenes ao XV<sup>ème</sup> Siècle, tome 1''. ISBN 2-204-02173-3, páx. 133.</ref>
 
Un precedente do Cisma tivo lugar no ano [[857]] cando o emperador bizantino [[Miguel III]], chamado ''o bébedo'', e o seu ministro Bardas, expulsaron da súa sede de Constantinopla a San Inacio, que reprendía as súas crápulas. Substituírono por [[Focio I, patriarca de Constantinopla|Focio]], quen en seis días recibiu todas as ordes da Igrexa. Focio sublevouse contra o Papa e declarouse ''Patriarca Universal''. Foi descrito como "o home máis arteiro e sagaz da súa época: falaba coma un santo e obraba coma un demo". A súa tentativa fracasou, e foi encerrado nun mosteiro, onde morreu en [[886]].
 
O principal conflito na Igrexa era o seu método de goberno, xa que mentres en Oriente concibían a Igrexa como unha [[Pentarquía]] dentro do [[Imperio bizantino]], comandada polos patriarcas das súas cinco cidades máis importantes: [[Roma]], [[Constantinopla]], [[Alexandría]], [[Antioquia]] e [[Xerusalén]],<ref>[http://www.britannica.com/eb/article-9059117/pentarchy Encyclopaedia Britannica: ''Pentarchy'']</ref> no Occidente os [[Papa]]s, invocaban a súa xurisdición sobre todos os asuntos da Igrexa e o dereito de xulgar até mesmo os patriarcas.<ref>[http://www.myriobiblos.gr/texts/english/milton1_21.html Milton V. Anastos, ''Aspects of the Mind of Byzantium (Political Theory, Theology, and Ecclesiastical Relations with the See of Rome)'', Ashgate Publications, Variorum Collected Studies Series, 2001. ISBN 0 86078 840 7)]</ref>
Contra [[446]] o papa [[León I, papa|León I]] reivindicou expresamente a súa autoridade sobre toda a Igrexa: ''"O coidado da Igrexa universal debe converxer para a cadeira de Pedro, e nada debe estar separado da súa cabeza"''.<ref>[http://www.newadvent.org/fathers/3604014.htm Letter XIV]</ref> <ref>[http://www.homolaicus.com/storia/medioevo/pentarchia/pentarchia.htm A idea da pentarquía na cristiandade]</ref>
 
No ano [[1054]], o papa [[León IX]] que, ameazado polos [[normandos]], buscaba unha alianza con Bizancio, mandou unha embaixada a Constantinopla encabezada polo seu colaborador, o cardeal [[Humberto de Silva Candida]], e formada polos arcebispos [[EstebanEstevo IX|Federico de Lorena]] e [[Pedro de Amalfi]]. Os legados papais negaron, á súa chegada a Constantinopla, o título de ecuménico ao Patriarca [[Miguel I Cerulario]] e, ademais, puxeron en dúbida a lexitimidade da súa elevación ao patriarcado. O patriarca negouse entón a recibir os legados. O cardeal respondeu publicando o seu ''Diálogo entre un romano e un constantinopolitano'', no que se burlaba dos costumes gregos e, tras excomungar a Cerulario mediante unha bula que depositou sobre o altar da [[Igrexa de Santa Sofía]], abandonou a cidade. Á súa vez, poucos días despois, Cerulario respondeu excomungando o cardeal e o seu séquito, e queimou publicamente a bula romana, co que se iniciou o Cisma.<ref>{{cita libro |editor=Cross, F. L., ed. |título=The Oxford Dictionary of the Christian Church |localidade=New York |publicación=Oxford University Press |ano=2005 |isbn=0-19-280290-9}}</ref> <ref>{{cita libro |nome =John J. |apelido= Norwich |título=The Normans in the South 1016-1130 |ano=1967 |páxina=102}}</ref>
 
A separación definitiva entre Occidente e Oriente produciuse cando todos os outros patriarcas orientais apoiaron a Constantinopla,<ref>{{Cita web |url=http://www.newadvent.org/cathen/13535a.htm|título=The Eastern Schism|idioma= inglés|autor= |obra= |data= |dataacceso=5 de xaneiro de 2012}}</ref> chegándose así ao [[Gran Cisma]].
[[Ficheiro:linaje cristiano.png|800px|miniatura|centro||Desenvolvemento dos grupos cristiáns desde o [[Cristianismo|cristianismo primitivo]]. Gran Cisma (século XI).]]
 
Ambas as igrexas reuníronse en [[1274]], no [[Segundo Concilio de Lyon]], e en [[1439]], no [[Concilio de Basilea]], pero en cada un destes encontros as intencións de conciliación víronse frustradas polo mutuo repudio posterior. En anos recentes, algunhas [[Igrexas orientais]] decidiron aceptar a primacía absoluta do Papa e agora denomínanse [[Igrexas orientais católicas orientais]]. Con todo, tanto a [[Igrexa Ortodoxa]] como a [[Igrexa Católica]] reivindican tamén a exclusividade da fórmula ''"Unha, Santa, Católica e Apostólica"'' implicándose cada unha como a única heredeira lexítima da Igrexa primitiva ou universal, e atribuíndo á outra o feito de ''"abandonar a igrexa verdadeira"'' durante o Gran Cisma.
 
Porén, tras o [[Concilio Vaticano II]] (1962), a Igrexa Católica iniciou unha serie de iniciativas que contribuíron ao acercamento entre ambas as igrexas, e así o papa [[Paulo VI, papa|Paulo VI]] e o Patriarca Ecuménico [[Atenágoras I, patriarca de Constantinopla|Atenágoras I]] decidiron, [[s:es:Declaración conjunta de S.S. Pablo VI y S.B. el patriarca Atenágoras I|nunha declaración conxunta, o 7 de decembro de 1965]], ''"cancelar da memoria da Igrexa a sentenza de excomuñón que fora pronunciada"''.
33.249

edicións