Diferenzas entre revisións de «Historia de Europa»

(→‎As cruzadas: Arranxos)
As cruzadas, co obxectivo específico de restablecer o control cristián de Terra Santa, libráronse durante un período de case 200 anos, entre [[1095]] e [[1291]]. Outras campañas en [[España]] (a [[Reconquista]]) e na Europa oriental continuaron até finais do [[século XV]]. Foron sostidas principalmente contra os musulmáns, aínda que tamén varias campañas se fixeron contra os eslavos pagáns, xudeus, os cristiáns ortodoxos gregos e rusos, os mongois, os cátaros, os husitas, os valdenses, os prusianos e, principalmente, os inimigos políticos dos papas.
 
A derrota bizantina na batalla de [[Manzikert]] ([[1071]]), a mans dos turcos [[Imperio seléucidaselxúcidas|seléucidas]], provocou que o ''basileus'' [[Aleixo I Comneno]] escribise unha carta ao papa [[Urbano II]], solicitándolle o envío de mercenarios que loitasen por [[Bizancio]] contra os [[turco]]s. Urbano II foi máis alá desta limitada expedición e, no [[concilio de Clermont]] ([[1095]]) predicou a Primeira Cruzada ao berro de ''Quéreo Deus!'', co obxectivo de liberar [[Xerusalén]] de mans musulmás (nas que levaba xa 400 anos).
 
Distínguense catro cruzadas principais, realizadas entre 1095 e 1203, e nas que se formaron varios reinos cristiáns na rexión que tiveron diversa fortuna (o máis prezado, o de Xerusalén, pasou das mans cristiás ás musulmás varias veces), ás que seguiron as denominadas ''cruzadas menores''.
31.887

edicións