Historia de Europa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 255:
[[Ficheiro:Crac des chevaliers syria.jpeg|200px|miniatura|dereita|[[Crac dos Cabaleiros]]. Esta fortaleza, considerada inexpugnábel, controlaba o paso do interior de [[Siria]] á costa, e estivo baixo o mando dos [[Orde de Malta|Cabaleiros Hospitalarios]] até [[1271]], data na que se tomou.]]
[[Ficheiro:Map Crusader states ca. 1100.jpg|miniatura|200px|O [[Reino de Xerusalén]] e os outros estados cruzados.]]
[[Ficheiro:Louis IX ou Saint-Louis.jpg|miniatura|200px|[[Luís IX de Francia]] (San Luís), último monarca europeo que emprendeu o ca miñocamiño das [[CruzadaCruzadas]]s.]]
 
As cruzadas foron unha serie de campañas militares que tiveron lugar entre os [[século XI|séculos XI]] e [[século XIII|XIII]] contra os musulmáns, para a recuperación dos ''Santos Lugares'' ou [[Terra Santa]]. Promovidas e sancionadas polo Papa, comunmente estaban motivadas por estes motivos relixiosos, aínda que a eles sumábanse os intereses expansionistas da nobreza feudal, o control do comercio con Asia e o afán hexemónico do papado sobre as monarquías e as igrexas de Oriente, motivos que tiveron igual, ou maior, importancia que as razóns puramente relixiosas. Leváronas a cabo sobre todo os [[francos]] e o [[Sacro Imperio Romano Xermánico]].
 
As cruzadas, co obxectivo específico de restablecer o control cristián de Terra Santa, libráronse durante un período de case 200 anos, entre [[1095]] e [[1291]]. Outras campañas en [[España]] (a [[Reconquista]]) e na Europa oriental continuaron até finais do [[século XV]]. Foron sostidas principalmente contra os musulmáns, aínda que tamén varias campañas se fixeron contra os eslavos pagáns, xudeus, os cristiáns ortodoxos gregos e rusos, os mongois, os cátaros, os husitas, os valdenses, os prusianos e, principalmente, aosos inimigos políticos dos papas.
 
A derrota bizantina na batalla de [[Manzikert]] ([[1071]]), a mans dos turcos [[Imperio seléucida|seléucidas]], provocou que o ''basileus'' [[Aleixo I Comneno]] escribise unha carta ao papa [[Urbano II]], solicitándolle o envío de mercenarios que loitasen por [[Bizancio]] contra os [[turco]]s. Urbano II foi máis alá desta limitada expedición e, no [[concilio de Clermont]] ([[1095]]) predicou a Primeira Cruzada ao berro de ''Quéreo Deus!'', co obxectivo de liberar [[Xerusalén]] de mans musulmás (nas que levaba xa 400 anos).
Liña 269:
Moito máis organizada foi a chamada [[Primeira Cruzada|Cruzada dos príncipes]], formada por unha serie de continxentes armados, procedentes principalmente de [[Francia]], os [[Países Baixos]] e o reino normando de [[Sicilia]]. Estes grupos ían dirixidos por xentes da nobreza como [[Godofredo de Bouillon]], [[Raimundo de Tolosa]] e [[Bohemundo de Tarento]]. Desde Bizancio foron para [[Siria]] atravesando o territorio seleúcida, onde conseguiron unha serie de sorprendentes vitorias. Puxeron sitio a [[Antioquía]], que conquistaron. De alí foron a [[Xerusalén]], que caeu nas súas mans o [[15 de xullo]] de [[1099]]. Na conquista os cruzados realizaron unha terríbel matanza, que non respectou a xudeus ou musulmáns, mulleres ou nenos.
 
Despois de moitas vicisitudes, en [[1199]] o papa [[Inocencio III]] decidiu convocar unha nova cruzada (a IV), para aliviar a situación dos estados cruzados. Esta Cuarta Cruzada non debería incluír reis e ir dirixida contra [[Exipto]], considerado o punto máis débil dos estados musulmáns. Como non era posíbel seguir a rota terrestre, os cruzados empregaron a rota marítima, polo que se concentraron en [[Venecia]]. O dogo [[Enrico Dandolo]] coligouse co xefe da expedición [[Bonifacio de Montferrato]], e cun usurpador bizantino, para cambiar o destino da cruzada e dirixila contra [[Constantinopla]], ao estar os tres interesados na deposición do ''basileus'' do momento, [[Aleixo III Anxo]]. Inicialmente, os cruzados empregáronse para a loita contra os húngaros, en [[Zadar|Zara]], polo que foron excomungados polo Papa. Dende alí dirixíronse a [[Bizancio]], onde conseguiron instalar a [[Aleixo IV]] como ''basileus'' en [[1203]]. Porén, o novo ''basileus'' non puido cumprir as promesas feitas aos cruzados, o que orixinou todo tipo de disturbios. Foi deposto polos propios bizantinos, que coroaron a [[Aleixo V Ducas]]. Isto provocou a intervención definitiva dos cruzados, que conquistaron a cidade o [[12 de abril]] de [[1204]]. O saqueo da cidade foi terríbel. Miles de cristiáns (incluíndo mulleres e nenos) resultaron asasinados a mans dos cruzados. Desvalixaron e destruíron mansións, palacios, igrexas e a propia basílica de [[Igrexa de Santa Sofía|Santa Sofía]]. Europa occidental recibiu un aluvión de obras de arte e reliquias sen precedentes, produto deste saqueo.
 
Con isto chegaba ao seu fin o [[Imperio bizantinoBizantino]], que se desmembrou nunha serie de estados, algúns latinos e outros gregos. Destes, o chamado [[Imperio de Nicea]] conseguiría restaurar unha sombra do Imperio bizantinoBizantino en [[1261]]. Os cruzados estableceron o chamado [[Imperio Latino]], organizado feudalmente e cunha autoridade moi débil sobre a maioría dos territorios que supostamente controlaba (e nula sobre os estados gregos de [[Nicea]], [[Trebisonda]] e [[Epiro]]).
A Cuarta Cruzada asestou un dobre golpe aos estados francos de [[Palestina]]. Dunha banda, privounos de reforzos militares. Por outra, ao crear un polo de atracción en Constantinopla para os cabaleiros latinos, produciu a emigración de moitos que estaban en Terra Santa cara ao Imperio Latino, abandoandoabandonando os estados francos.
 
Tras o fracaso da cuarta cruzada, o espírito cruzado apagárase case por completo, aínda que algúns reis e papas trataban de reavivalo. Se os estados francos sobreviviron até [[1291]] foi pola intervención dos [[mongol|mongois]], que ao acabar co [[Abbásida|Califato abbasí]] en [[1258]] e conquistar a rexión de Oriente Medio, deron un respiro aos latinos, a non ser os mongois hostís ao cristianismo. A primeira das cruzadas menores, a V, foi organizada por [[Inocencio III]] e partiu en [[1218]]. Como a IV, tiña como obxectivo conquistar Exipto. Tras o éxito inicial da conquista de [[Damietta]] na desembocadura do [[Nilo]], que aseguraba a supervivencia dos estados francos, aos cruzados púidolles a ambición e intentaron atacar o [[O Cairo]], fracasando e debendo abandonar incluso o que conquistaran, en [[1221]]. O papa ordenara ao emperador [[Federico II Hohenstaufen]] que fora ás cruzadas como penitencia. O emperador asentira, pero foi demorando a partida, o que lle valeu a excomuñón. Finalmente, Federico II (que tiña pretensións propias sobre o trono de Xerusalén) partiu en [[1228]] sen o permiso papal. Sorprendentemente, o emperador conseguiu recuperar Xerusalén mediante un acordo diplomático. Tamén obtivo [[Belén]] e [[NazarethNazaret]].
 
En [[1244]] caeu de novo Xerusalén (esta vez de modo definitivo), o que moveu aoo devoto rei [[Luís IX]] de Francia (San Luís) a organizar unha nova cruzada, a sétima. Como a V, dirixiuse contra Damietta, pero foi derrotado e feito prisioneiro en [[Masura]] (Exipto) con todo o seu exército. Volveu a Francia, e emprendeu a chamada VIII Cruzada ([[1270]]), contra [[Tunisia]], aínda que en realidade, maísmáis que unha cruzada, era unha campaña para apoiar os intereses do seu irmán [[Carlos de Anjou]], rei de [[Nápoles]], que quería evitar a competencia dos mercaderes tunesinos. A peste rematou co rei Luís e con gran parte do seu exército.
 
Aínda que algúns papas intentaron predicar novas cruzadas, xa non se organizaron máis e, no [[1291]], os cruzados evacuaron a súas derradeiras posesións en [[Tiro]], [[Sidón]] e [[Beirut]], coa caída de [[San Xoán de Acre]].
 
==== A Reconquista ====