Punto cardinal: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Dualidade Leste/Este
Liña 6:
 
Coñécense tamén os puntos cardinais como as catro direccións ou puntos principais da [[Compás (navegación)|compás]], que son:
* [[Norte]], inicial '''N'''
* [[Sur]], inicial '''S'''
* [[Leste]], inicial '''L''' ou '''E'''
* [[Oeste]], inicial '''O''' ou internacional '''W''', de ''west''.
* [[Oeste]]
 
Os nomes dos puntos cardinais son de orixe xermánico (Nordri = Norte, Sudri = Sur, Austri = Leste e Vestri = Oeste; na [[Mitoloxía escandinava]]) e incorporáronse nunha época relativamente recente á lingua galega e ao resto das linguas derivadas do [[latín]]. Antes, os nomes dos puntos cardinais eran, en galego:
Liña 19:
 
O termo Mediodía tamén se refire á rexión meridional dun país no Hemisferio Norte, especialmente en Italia (''Mezzogiorno'') e en Francia (''Midi''), precisamente porque estas rexións sitúanse cara ao lado onde se atopa o sol ao mediodía con relación ao resto do país.
 
== Dualidade Leste-Este e puntos colaterais==
A palabra "Este" pode ser confundida coa palabra "Oeste", especialmente nos avisos e as instrucións no mar. Por exemplo, a frase "O vento vén do Este" pode ser confundida con "O vento vén do Oeste" ao ser transmitida oralmente. Por iso na linguaxe mariñeira, cando a palabra "Este" vai solta, sempre se di "Leste": "vén do Leste" non ten confusión posíbel con "vén do Oeste".
 
De aí, por tanto, a dualidade no nome do terceiro punto cardinal: Norte, Sur, '''Leste (ou Este)''', Oeste.
 
Mais para os puntos colaterais os nomes compóñense, a palabra "este" non vai ao inicio e non será preciso pór un "l" diante porque non se confunde Suroeste con Sueste nin Noroeste con Nordeste. Fican, por tanto, os nomes dos oito puntos colaterais:
* Nordés ou nordeste, iniciais '''NE'''
* Sueste, iniciais '''SE'''
* Suroeste, iniciais '''SO''' ou '''SW'''
* Noroeste, iniciais '''NO''' ou '''NW'''
Como se pode apreciar claramente, a pesar de a RAG admitir os símbolos NL e SL á par de NE e SE, os dous primeiros non son necesarios pois na práctica nunca vai ser preciso dicir ''norleste'' ou ''surleste''.
 
Ao compor de novo para obter os dezaseis puntos sub-colaterais, é preciso pór o "l" outra vez cando a palabra resultante comezar por "Este":
:* Nor-nordés, iniciais '''NNE''', é o intermedio entre o norte e o nordés.
:* Les-nordés, iniciais '''LNE''' ou '''ENE''', é o intermedio entre o leste e o nordés.
:* Les-sueste, iniciais '''LSE''' ou '''ESE''', é o intermedio entre o leste e o sueste.
:* Sur-sueste, iniciais '''SSE''', é o intermedio entre o sur e o sueste.
:* Sur-suroeste, iniciais '''SSO''' ou '''SSW''', é o intermedio entre o sur e o suroeste.
:* Oeste-suroeste, iniciais '''OSO''' ou '''WSW''', é o intermedio entre o oeste e o suroeste.
:* Oeste-noroeste, iniciais '''ONO''' ou '''WNW''', é o intermedio entre o oeste e o noroeste.
:* Nor-noroeste, iniciais '''NNO''' ou '''NNW''', é o intermedio entre o norte e o noroeste.
 
Pódese continuar recursivamente, mais é pouco usual nomear puntos menores que os sub-colaterais.
 
== Véxase tamén ==