Hospital Real de Santiago de Compostela: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Nachonion (conversa | contribucións)
Nachonion (conversa | contribucións)
Liña 108:
Respecto á parte artística, o proxecto de Egas inscríbese no [[estilo isabelino]], que incorpora elementos tradicionais do [[gótico flamíxero]], con novidades estéticas renacentistas e elementos decorativos clásicos. A parte máis avanzada desde este punto de vista constitúea a fachada principal, concibida como unha especie de gran retablo, cuxo eixe central está formado pola porta de arco de medio punto abucinada (o cal a relacionaba esteticamente cos edificios románicos que a rodeaban). Ao longo da mesma encontramos hornacinas, frisos de reis, figuras diversas, entre as que destacan as de [[Adán e Eva]].
 
NasNos pechinas[[pendente (arquitectura)|pendentes]] da porta principal sitúanse medallóns coas efixies de [[Isabel I de Castela|Isabel]] e [[Fernando II de Aragón|Fernando]], doadores do edificio. A ambos os lados da portada-retablo, Egas situou dous balcóns baixo os que colocou grandes escudos, elemento decorativo característico do estilo [[plateresco]] do primeiro terzo do [[século XVI]] en España. Dos diversos elementos exteriores, pódese destacar o aleiro[[beirado]] que coroa a fachada principal e parte das laterais, posto que constitúe unha das mostras máis ricas do renacemento español, sobresaíndo as gárgolas, non só como elemento de desaugamento, senón como complemento estético.
 
Entre outros elementos da fachada, non mencionados anteriormente, pódense ver os seguintes: