Galiña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
+resumo do libro
Elisardojm (conversa | contribucións)
máis tradución de es.wiki
Liña 147:
|[[Toxoplasma gondii]]
|}
 
== Historia da súa domesticación ==
[[Ficheiro:Gallus gallus male Kaziranga 1.jpg|miniatura|Os pitos domésticos son descendentes dos galos silvestres do sueste asiático.]]
 
Considérase ao galo bankiva (''[[Gallus gallus]]''), do [[sueste asiático]], como o devanceiro dos galos e galiñas domésticos, con algo de hibridación do galo gris (''[[Gallus sonneratii]]'').<ref name= Eriksson>{{Cita web| doi = 10.1371/journal.pgen.1000010.eor | last1 = Eriksson | first1 = Jonas | last2 = Larson | first2 = Greger | last3 = Gunnarsson | first3 = Ulrika | last4 = Bed'hom | first4 = Bertrand | last5 = Tixier-Boichard | first5 = Michele | last6 = Strömstedt | first6 = Lina | last7 = Wright | first7 = Dominic | author8 = Eriksson J, Larson G, Gunnarsson U, Bed'hom B, Tixier-Boichard M, et al | last9 = Vereijken | first9 = Addie | title = Identification of the Yellow Skin Gene Reveals a Hybrid Origin of the Domestic Chicken | publisher = PLoS Genet | pages = e10 | volume = preprint | date = 23 de enero de 2008 | journal = ''PLOS Genetics'' | url = http://genetics.plosjournals.org/perlserv/?request=get-document&doi=10.1371%2Fjournal.pgen.1000010.eor&ct=1 | displayauthors = 8 | last10 = Randi | first10 = Ettore | last11 = Jensen | first11 = Per | last12 = Andersson | first12 = Leif | issue = 2008 }}</ref> A domesticación produciuse no sueste asiático polo menos hai 7.400 anos a partir do grupo nativo, e difundiuse en ondas tanto ao leste como ao oeste.<ref name="Storey" /> Os primeiros restos arqueolóxicos indiscutidos de pitos domésticos corresponden a uns ósos de aproximadamente 5400 a.C. asociados a un sitio arqueolóxico en [[Chishan]], na provincia [[China|chinesa]] de [[Hebei]]. Na rexión do [[Ganxes]], na [[India]], os galos bankiva eran usados polos humanos xa hai 7000 anos. En cambio, non se identificaron pitos domésticos máis antigos de 4000 anos no [[val do Indo]], aínda que aínda se debate a antigüidade dos pitos atopados nas [[escavación|escavacións]] de [[Mohenjodaro]].<ref name="Storey">[http://www.plosone.org/article/info%3Adoi%2F10.1371%2Fjournal.pone.0039171 Investigating the Global Dispersal of Chickens in Prehistory Using Ancient Mitochondrial DNA Signatures], Alice A. Storey et al; ''[[PLOS ONE]]'', julio de 2012, Volumen 7, número 7, e39171; Consultado el 6 de agosto del 2012.</ref>
 
[[Ficheiro:Teanum Sidicinum Minerva Æ 2210342.jpg|miniatura|esquerda|Galo nunha moeda grega do [[século III a. C.]]]]
 
É moi probable que os primeiros galos e galiñas chegasen a [[occidente]] a través da [[ruta da seda]]. Aproximadamente no [[2000 a. C.]] chegaron a [[oriente medio]]. En [[1500 a. C.]], os pitos chegaran a [[Antigo Exipto|Exipto]]. Existe evidencia de que os [[cultura exipcia|exipcios]] foron os primeiros en occidente en criar pitos, e este costume estendeuse despois ao redor do [[mar Mediterráneo|Mediterráneo]] polo [[mundo grecolatino]]. Nese momento, ademais de consumirse a súa carne e os seus ovos, usábase como [[ofrenda votiva|ofrenda]] [[rito|ritual]] nos [[culto|cultos relixiosos]]. [[Hipócrates]] fala sobre os animais consumidos en [[Grecia]], onde menciona aos porcos, xabarís, cervos, ourizos, galiñas, pombas e patos.<ref>[http://www.historiacocina.com/historia/articulos/gallina.htm Hai evidencia de que os... Consultado o 25 de xaneiro do 2009.]</ref> Á remota [[Iberia]] os pitos chegaron de mans de comerciantes [[Fenicia|fenicios]] a comezos do [[primeiro milenio a. C.]]<ref name="Storey" /> Aproximadamente a partir do [[600 a. C.]] os pitos foron levados máis aló dos [[Alpes]] e estendéronse polo resto de [[Europa]].
 
Na [[baixa Idade Media]] considerábase ás galiñas como carne fina. O pobo tamén comía desta carne. A finais da [[Idade Media]] e no [[Renacemento]] europeo as galiñas teñen unha gran importancia na alimentación.<ref>[http://www.historiacocina.com/historia/articulos/gallina.htm Na Idade Media as galiñas... Consultado o 25 de xaneiro de 2009.]</ref>
 
Crese que a galiña foi o primeiro animal europeo que pisou o continente americano, dado que [[Cristóbal Colón]] embarcou galiñas na súa segunda viaxe. As razóns polas cales Colón levou á galiña na súa viaxe foron porque ocupaba pouco espazo, a súa alimentación non era complicada e ademais producía ovos.<ref>[http://www.historiacocina.com/historia/articulos/gallina.htm Pénsase que a galiña foi o primeiro animal... Consultado o 25 de xaneiro de 2009.]</ref>
 
No entanto, hai antecedentes de que en [[Chile]], antes da chegada dos europeos, os [[mapuches]] criaban unha galiña con características especiais, a [[galiña araucana]].<ref>Investigadores da [[Universidade de Auckland]] e da [[Universidade de Chile]], dirixidos por [[Elizabeth Matisoo-Smith]], atoparon na costa chilena -[[provincia de Arauco]]- ósos de polo precolombinos que, segundo probas de [[carbono radioactivo]], datan do [[século XIV]], e comprobaron que as secuencias de [[ADN]] dos ósos coinciden coas de [[galiñas polinesias]] de [[Tonga]], de hai 2000 anos. Cando o conquistador [[Francisco Pizarro|Pizarro]] chegou a [[Perú]] en [[1532]], informou que os incas usaban galiñas como parte das súas cerimonias relixiosas. Ver: [http://news.bbc.co.uk/hi/spanish/science/newsid_6730000/6730249.stm]</ref>
 
=== Explotación polo ser humano ===
[[Ficheiro:Industrial-Chicken-Coop.JPG|miniatura|esquuerda|Galiñas de crianza.]]
 
O polo é un dos animais máis explotados a nivel mundial, debido á súa relativa [[eficiencia]], en termos de cantidade de alimento e tempo de desenvolvemento, en comparación con outros tipos de animais consumidos polos seres humanos. É tan popular que cada ano se consumen máis de 33 millóns de toneladas dos seus músculos, tendóns e graxa, e prodúcense uns 600.000 millóns de ovos.<ref>[http://es.sonorika.com/gallina Consultado o 26 de xaneiro do 2009.]</ref> O [[capón]], a [[pularda]], o [[polo picantón]] e o [[polo tomateiro]] son hoxe especialidades na produción de carne destas aves, moi apreciadas na [[gastronomía]].
 
=== O polo como alimento ===
[[Ficheiro:Roasted chicken.jpg|miniatura|[[polo asado]].]]
 
A carne de polo é unha das máis consumidas en todo o [[Terra|mundo]] e isto débese ao seu baixo custo. O polo tamén é moi utilizado nos restaurantes de [[comida rápida]]. Cabe destacar que adquire un gran [[valor nutricional]] debido a que se dixire máis facilmente que as [[carne vermella|carnes vermellas]]. Con todo, é moi rico en [[purina]]s (como todos os produtos cárnicos), polo cal debe evitarse en caso de [[Gota (enfermidade)|gota]] ou de [[ácido úrico]] elevado. Tamén se adoita consumir a carne de galiña, pero é máis dura e precisa máis tempo para cocerse que a do pito.
 
 
=== Pelexa de galos ===
[[Ficheiro:Roosters' fight.jpg|miniatura|Una [[pelexa de galos]] (óleo).]][[Ficheiro:Cockfighter.jpg|miniatura|esquerda|Un galo de pelexa.]]
 
As [[pelexa de galos|pelexas de galos]] son legais na maioría de [[latinoamérica|países latinoamericanos]], en rexións concretas de [[España]] e en [[Francia]], e en países de [[Asia]] como [[Filipinas]]. En moitos outros lugares, as pelexas están estritamente fóra da lei. Normalmente lévase a cabo nun área habilitada onde a ave que ten mellores calidades no combate declárase como gañadora, para o que debe deixar ao seu adversario inhabilitado para seguir pelexando. A orixe destas pelexas está en Asia. En [[China]] xa se celebraban hai 2.500 anos e é posible que mil anos antes xa se fixese na [[India]].<ref name=autogenerated1>http://www.linktopr.com/gallos.html Consultado o 26 de xaneiro do 2009.</ref> Na antiga [[Roma]] eran presenciadas para adquirir valentía. Posteriormente, esta práctica foi levada a América polos conquistadores españois.<ref name=autogenerated1 /> Moitas persoas [[defensa das animais|defensoras dos animais]] rexeitan totalmente este tipo de accións, posto que en lugares como [[Florida|A Florida]]<ref>{{cita noticia|título=Cinco persoas arrestadas por pelexa de galos|url=http://www.elnuevoherald.com/2010/12/28/860335/cinco-persoas-arrestadas-por.html|obra=[[El Nuevo Herald]]|data=5 de xuño de 2012|dataacceso=9 de xuño de 2012|idioma=español}}</ref> creáronse leis en defensa destes animais co argumento de que, por ser animais, son tamén [[seres vivos]], e débeselles respecto.
 
=== Como mascotas ===
As galiñas son excelentes [[animal de compañía|animais de compañía]], dado que son moi nobres e nada agresivos. Os [[pelexa de galos|galos adestrados para pelexas]] adoitan ser agresivos con outros galos e en moi poucas ocasións cos [[Homo sapiens sapiens|seres humanos]]. Nalgunhas cidades dos [[Estados Unidos]] permítese ter pitos como mascotas, pero esta práctica non está autorizada en todo o país. Os pitos xeralmente son moi fáciles de coidar, dado que a súa comida é barata; o reto maior é o coidalos do ataque de [[depredación|depredadores]] como os [[mustélidos]], os [[raposo]]s, os [[can]]s, os [[lobo]]s, os [[coiote]]s, os [[mapache]]s e os [[gato]]s.
 
 
== As galiñas na cultura popular galega ==