Sestercio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Addbot (conversa | contribucións)
m Bot: Retiro 33 ligazóns interlingüísticas, proporcionadas agora polo Wikidata en d:q208041
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Sen resumo de edición
Liña 1:
[[Ficheiro:Vittelius monnaie ag1.JPG|miniatura|180px|dereita|Sestercio coa efixie de [[Vitelio]].]]
 
O '''sestercio''' (''sestertius'', en [[lingua latina|latín]]) era unha antiga [[moeda na Antiga Roma|moeda romana]]. No período histórico da [[República romana|República]] era unha pequena [[moeda]] de [[prata]], converténdose nunha moeda grande de [[bronce]] durante o [[Imperio Romano|Imperio]] (mais máis tarde volveuse acuñarcuñar nunha dobre serie de bronce e latón de 54,5 e 27,2 gramos respectivamente). O nome provén das palabras latinas ''semis'' ("medio") e ''tres'' ("tres"), isto é, "medio terceiro", xa que valía dous [[ás|ases]] e medio. Adoitaba ir marcado coas letras LLS (''duae librae et semis'', "dúas libras e medio ás"), rememorando as libras, ou tamén con I·IS ou HS.
 
O sestercio foi creado cara ao [[-211|211 a. C.]] como unha pequena moeda de prata que valía un cuarto de [[denario]] e, polo tanto, unha centésima parte dun [[áureo]]). Cando o valor do denario foi reaxustado a 16 ases, o sestercio tamén sufriu un reaxuste, pasando a valer 4 ases (mantendo, polo tanto a paridade equivalente a un cuarto de denario.