Penda: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
asdf
Servando2 (conversa | contribucións)
asdf
Liña 1:
'''Penda de Mercia''', finado o [[15 de novembro]] de [[655]]<ref name="fn_1">O Manuscrito A da ''[[Crónica anglosaxoa]]'' ofrece este ano e especifica unha data exacta, o 15 de novembro. </ref>, foi un [[Monarca|rei]] de [[Mercia]], reino situado no que hoxe constitúen as actuais Midlands [[Inglaterra|inglesas]].
==Traxectoria==
Penda era un rei [[pagán]] nunha época na que o [[cristianismo]] estaba a se estender por moitos dos reinos [[anglosaxóns.]]. Participou na derrota do poderoso rei de Northumbria, [[Edwin]], na [[batalla de Hatfield Chase]] en [[633]].<ref name="fn_2">O ano 633 é o que ofrece a ''[[Crónica anglosaxoa]]''. </ref> Nove anos máis tarde, derrotou e acabou coa vida do sucesor de Edwin, [[Osvaldo de Northumbria]], na [[batalla de Maserfield]]. A partir desa vitoria Penda podería ser o máis poderoso gobernante anglosaxón da época.
 
Derrotou a [[Anglia Oriental]], obrigou ao rei [[Cenwahl]] de [[Wessex]] a se exiliar durante tres anos, e continuou a guerra contra os [[Bernicia|bernicianos]] de Northumbria. Trece anos despois da vitoria de Maserfield, sufriu unha esmagadora derrota na [[batalla de Winwaed]] ao final dunha campaña contra os bernicianos.