Licinio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Servando2 (conversa | contribucións)
Liña 15:
Mais a partir do ano 320 comezaron a percibirse as diferenzas entre eles, que se manifestaron entre outros aspectos no tratamento que se lle deu ao problema cristián, xa que mentres en occidente os cristiáns alcanzaran postos relevantes na Administración, en oriente continuaban a ser perseguidos e reprimidos a pesar da grande influencia que conquistara a Igrexa de [[Alexandria]]. A presión que se fixo sobre Constantino para rematar con este estado de cousas foi moi grande, mais tivo que deixalo temporalmente debido á ameaza dos bárbaros na fronteira danubiana. Constantino derrotou os bárbaros na [[Panonia]] e na [[Tracia]] e amosou a Licinio o poder militar do emperador de Occidente e o levou a aceptar o nomeamento dos seus respectivos fillos [[Crispo]] por Constantino e [[Liciniano]] por parte de Licinio coma césares.
 
Licinio perdera a iniciativa e tivo que facer fronte no seu propio contorno a Valente, o seu xefe militar, a quen deu morte despois de nomealo augusto. No ano 324 o enfrontamento fíxose inevitábel nunhas circunstancias que favorecían en todo a Constantino, quen venceu en Adrianopolis, Crisopolis e Bizancio, mentres Crispo desfacía a flotafrota de Licinio no Helesponto, onde finou Liciniano.
 
Seguramente por intervención da súa esposa Constancia, irmá de Constantino, se lle perdoou a vida a Licinio, quen foi exiliado e posto baixo arresto en Tesalónica, pero o contumaz Licinio comeza a intrigar contra Cosntantino, quen desta vez mandouno axustizar na primavera do ano 325.