Alonso Jofre Tenorio: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito ligazón a Castela-Castilla
Sen resumo de edición
Liña 6:
Froito de esta unión conxugal naceu Alonso Jofre Tenorio, herdeiro na titularidade da Casa. Foi coetáneo dos reis [[Fernando IV]] e [[Afonso XI]]. No reinado deste último desempeñou varios cargos. Serviu como [[adiantado]] maior de [[Castela]]. Estaba encargado de manter a paz na zona, de recadar os tributos rexios, xulgar os preitos en apelación e sobre todo de investirse con mando militar en caso de guerra. Aparece por tanto como un membro da nobreza que ocupa postos públicos importantes, xa que os adiantados eran elixidos polo monarca entre os grandes magnates do reino que gozaban da súa confianza.
[[Ficheiro:Monasterio de Santa Clara. Presbiterio.jpg|miniatura|]]
En 1314, segundo [[Ortiz de Zúñiga]], era xa [[almirante]] maior da mar. Ó almirante, como dignitario da corte rexia, o rei confiáballe o mando da súa flotafrota e a dirección da guerra na mar. Equivalía a un «alter ego» do monarca cando navegaba. Por iso, quedaban baixo a súa autoridade e xurisdición os portos e concellos das vilas do litoral. As súas atribucións eran moi diversas. Durante o primeiro terzo do [[século XIV]] tiña ó seu cargo o poder militar da flotafrota con ampla potestade xurisdicional sobre tódolos homes que embarcaban en armadas da Coroa, ademais do coidado e dirección da construción naval nos [[estaleiro]]s.
 
Na orde xudicial as súas facultades eran tamén amplas. Exerceu a súa [[xurisdición]] a través dun tribunal do almirantado en Sevilla. Nomeaba alcaldes, alguacís e escribáns. Incluso poden englobarse neste grupo outras prerrogativas, como posuír voto no concello de Sevilla e ser membro do [[Consello Real]].
Liña 18:
En 1333 Afonso XI concedeu [[Moguer]] a Alonso Jofre Tenorio e á súa muller, Elvira Álvarez, como [[Señorío de Moguer|vila de señorío]] ''por muchas buenos senvicios, que feicisteis a el rey don Fernando, nuestro padre, que Dios perdone, e feicistes e facedes a nos de cada día''. Como I Señor de Moguer fundou o Convento do Corpus Christi e o Mosteiro de Santa Clara, entre 1337 e 1338, converténdose no seu patrón, e dotou con numerosos bens ás comunidades relixiosas que asentou na súa vila. Os descendentes de Alonso Jofre Tenorio mantiveron o patrimonio monacal engrandecéndoo con propiedades rústicas e urbanas. A Casa Tenorio entroncou por matrimonio coa liñaxe dos [[Portocarrero]], señores de [[Villanueva del Fresno]] ([[Provincia de Badaxoz|Badaxoz]]) nas persoas de María Tenorio, filla do almirante, e Martín Fernández Portocarrero.
 
A crónica de Afonso XI, tratados nobiliarios e obras locais ofrecen gran cantidade de datos sobre a actuación político-militar do almirante. En 1325 expulsou ós nobres de Sevilla, tomando o goberno da cidade. Ó ano seguinte participou na conquista de [[Olvera]] e [[Pruna]], impedindo coa súa flotafrota que os [[benimerines]] apoiasen aos [[reino de Granada]] por mar, subministrándolles comida e tropas. En 1329 foi ante o Papa [[Xoán XXII]] como embaixador para conseguir os beneficios de cruzada na guerra contra os infieis. Nese mesmo ano intentou desde a mar que [[Xibraltar]] non caese en mans de [[Abomelique]], fillo do sultán de [[Fez]]. En 1337 conseguiu unha aparatosa vitoria sobre a flotafrota [[Portugal|portuguesa]].
 
Faleceu o 4 de abril de 1340, ó enfrontarse cunha escuadra de [[benimerines]] máis numerosa no estreito de Xibraltar. Os seus restos descansan no sepulcro que comparte coa súa muller Elvira Álvarez, a súa filla Marina, Beatriz Enríquez (esposa do V Señor de Moguer) e o seu neto [[Alonso Fernández Portocarrero]] (III Señor) no Mosteiro de Santa Clara de [[Moguer]].