Galiña: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Banjo (conversa | contribucións)
Elisardojm (conversa | contribucións)
quito negras non necesarias
Liña 19:
| synonyms = '''Galiña''' : Galo
}}
'''Galiña''' e '''galo''' (''Gallus gallus domesticus'') son os nomes dados, respectivamente, á [[femia]] e [[macho]] da [[especie]] ''Gallus gallus domesticus'' de [[aves]] [[galliformes]] e [[Phasianidae|fasiánidas]]. Os xuvenís coñécense co nome de '''[[Polo (aves)|polo]]''' ou '''[[pito]]'''. Estas aves posúen [[bico]] pequeno, [[Crista (carúncula)|crista]] carnuda e [[á]]s curtas e largas. A galiña ten unha enorme importancia para os seres humanos pois é o animal doméstico máis difundido e abundante do planeta e unha das fontes de [[proteína]] máis [[prezo|baratas]]. Alén da súa [[carne]], as galiñas fornecen [[Ovo (alimento)|ovos]]. Segundo datos de 2003, hai cerca de 24000 millóns de galiñas no mundo. Nalgúns países da [[África]] moderna, o 90% dos lares crían galiñas. As galiñas son aves [[omnívoro|omnívoras]], mais teñen preferencia por [[semente]]s e pequenos [[invertebrado]]s.
 
As primeiras referencias a galiñas [[domesticación|domesticadas]] xorden en cerámicas [[Corinto|corintias]] datadas do [[século -VII|século VII a.C.]]. A introdución desta ave como animal doméstico xurdiu probabelmente en [[Asia]], de onde é nativa a especie ''Gallus gallus''. A pesar de que os [[Roma antiga|romanos]] desenvolveron a primeira [[raza]] diferenciada de galiñas, os rexistros antigos mostran a presenza de aves salvaxes asiáticas na [[China]] desde [[-1400]]. Da [[Grecia antiga]] as galiñas espalláronse por [[Europa]] e os navegantes polinesios levaron estes animais nas súas viaxes de colonización do [[Océano Pacífico]], incluíndo a [[Illa da Pascua]]. A proximidade ancestral co ser humano permitiu o cruzamento destinado á crianza de diversas razas, adaptadas ás diferentes necesidades. Son tamén unha fonte de [[doenza]]s [[virus|virais]].