Benicarló: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m Bot - formateo de números según Wikipedia:libro de estilo; cambios estética
Liña 42:
De gran importancia foi a produción de viño a finais do século XIX, o denominado "Viño Carlón", que constituía a maior fonte de riqueza da cidade. Como exemplo diremos que no [[1890]] foron exportados 17 millóns de litros. Este cultivo realizábase tanto no término de Benicarló como nas poboacións veciñas de [[Peníscola]], [[Càlig]] e [[Vinaròs]]. A praga da filoxera acabou con practicamente todas as viñas da zona, desaparecendo por completo este cultivo.
 
Entre 1931-1944 construíuse o actual porto, co conseguinte impulso no desenvolvemento do sector pesqueiro que, na actualidade, mantén unha flotafrota de máis de 50 embarcacións, a cal obtivo nos últimos anos, un promedio de 1 500 000 quilogramos anuais de toda clase de especies mariñas, entre as que destacan o salmonete da pedra, pescada, polbo, peixe sapo, linguado e cigala.
 
Na década dos anos 60 do pasado século Benicarló converterase en centro receptor de inmigrantes. As causas que atraen esta poboación son: a industria (entre outros as do moble, as destilerías de esencias químicas e a construción) e o auxe turístico. Na actualidade cidadáns de diversas partes do mundo residen na cidade.