Diferenzas entre revisións de «Guerra hispano-estadounidense»

O día [[12 de xaneiro]], ''O Reconcentrado'' publicaba na súa páxina editorial baixo o título ''Fuxida de Pícaros'', no que comentaba a escapada cara a España dun dos últimos colaboradores máis directos do xeneral Weyler. Isto acendeu os ánimos dos conservadores e especialmente do estamento militar. Ante esta circunstancia, un grupo de oficiais españois dirixíronse ao editorial marchando á redacción do xornal e esnaquizando os mobles e as calas de imprenta. Inmediatamente, este suceso converteu A Habana nun fervedoiro de manifestacións polas ruas tanto a favor como en contra da Autonomía.
 
O cónsul xeral dos Estados Unidos na Habana, o xeneral Fitzhugh Lee, cablegrafou a Washington explicando como se estaban desenvolvendo estas manifestacións e a inviabilidade do plan autonómico par a forte oposición que atoparía en toda a illa. Por outra banda, a ''yellow press'' ([[prensa amarela]]) dos Estados Unidos, aproveitou os disturbios para volver á carga, e fíxoo empregando o seguinte lema: {{Cita|“''A autonomía cubana é tan só unha farsa''”}}.
 
{{Cita|“''A autonomía cubana é tan só unha farsa''”}}
 
Terminados os disturbios rueiros na Habana, Pío Gullón, ministro de Estado, apresurouse en dar a Washington toda clase de explicacións, afirmando que a Autonomía quedaría instaurada en Cuba sen dúbidas nin dificultades.<ref>Ver, artigo de Guillermo G. Calleja Leal da revista HISTORIA16, N° 176, p. 12</ref>).
 
184.795

edicións