La Goulette: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
m engado a Categoría:Portos mediante HotCat
Sen resumo de edición
Liña 17:
En poucos anos os italianos son maioría na cidade formando o barrio da ''Pequena Sicilia''. Nun principio a poboación italiana viviu na indixencia, pero pouco a pouco as súas condicións foron mellorando, fundando unha Cámara de Comercio ([[1884]]), a Banca Siciliana, o xornal ''L'Unione'' e outras institucións culturais e asistenciais (teatros, cines, escolas, hospitais) dirixidas aos italianos.<ref>Sebag, Paul (1998): ''Tunis. Histoire d'une ville''. París: L'Harmattan.</ref>
 
En [[1964]], cando o presidente [[Habib Bourguiba]] ordena a incautación dos bens dos estranxeiros, os italianos emprenden o camiño do exilio. Como só tiñan documentos franceses, non tiveron outra elección que a de buscar unha nova vida en [[Francia]], onde se sumaron aos [[pés negros]] ([[Pieds-Noirs]]) procedentes de [[Alxer]].<ref>A máis célebre dos italianos da Goleta é a actriz [[Claudia Cardinale]], que naceu na ciudadecidade en [[1938]].</ref>.
 
Ao principio porto comercial, pesqueiro, de recreo e de turismo, non lle quedan hoxe máis que funcións de porto pesqueiro e de porto para os cruceiros turísticos.