Antonio Bonet Correa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 1:
'''Antonio Bonet Correa''', nado na [[A Coruña|Coruña]] en [[1925]], é un catedrático e historiador da arte galego, presidente da [[Real Academia de Belas Artes de San Fernando]] dende decembro de [[2008]] e catedrático emérito da [[Universidade Complutense de Madrid]].
 
Formado na [[Universidade de Santiago de Compostela]], entre [[1951]] e [[1957]] traballou como lector en ''[[Sorbona|La Sorbonne]]'' e profesor de Historia da Arte na [[Universidade de París]] (Sorbona). Regresou a [[España]] en [[1958]], sendo sucesivamente profesor na universidade madrileña, catedrático de Historia da Arte na Universidade de Murcia, na de Sevilla e na Complutense de Madrid. Desenvolveu o seu labor tamén como director do Museo de Belas Artes de Sevilla, e é autor de numerosas obras e artigos científicos e crítico de arte nos diarios ''El Correo de Andalucía'' e [[ABC (xornal)|ABC]].
 
Dende [[1986]] é membro da Real Academia de Belas Artes de San Fernando. En decembro de 2008 substituíu na presidencia da Academia a Ramón González de Amezúa.