Abrir o menú principal

Cambios

Leoncio fora un xeneral que servira aos emperadores [[Constantino IV]] e [[Xustiniano II]]. Xustiniano II mandouno encarcerar tras ser derrotado polos árabes en [[Sebastopolis]]. Foi liberado en [[695]] e inmediatamente organizou un golpe de estado que depuxo a Xustiniano II; un emperador que era odiado pola poboación debido á súa dura política fiscal. Leoncio ordenou amputar o nariz a Xustiniano II e desterralo á colonia de [[Querson]] situada en [[Crimea]].
 
O reinado de Leoncio durou escasamente tres anos e foi bastante impopular. O acontecemento máis importante do seu reinado foi a perda do Norte de África que foi conquistada polos árabes entre [[697]] e [[698]]. Unha flotafrota bizantina enviada a defender a provincia e que foi derrotada, proclamou como emperador ao seu comandante [[Tiberio III|Apsimar]]. Ao seu regreso a flotafrota depuxo a un Leoncio, que fora incapaz de asentar o seu poder e Apsimar, que tomou o nome de Tiberio III substituíuno como emperador.
 
Leoncio foi mutilado e encerrado nun convento polo seu sucesor, onde viviu ata [[705]], cando Xustiniano II recuperou o trono e como vinganza polos sucesos de [[695]] mandou executalo.
 
==Notas==
{{listaref}}
173.486

edicións