Pena Molexa: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Jglamela (conversa | contribucións)
Jglamela (conversa | contribucións)
Liña 23:
Esta lenda conta que ao pé da Pena Molexa hai outras rochas que son un rei e os seus guerreiros convertidos en penedos, tamén por un feitizo. Na noite do [[solsticio]] de verán, a noite de San Xoán, transfórmanse de novo en humanos, para lembrar as persoas que sempre ficaron alá para gardar a terra. Esa noite o rei e os seus homes e mulleres percorren e vixían os montes, visitan e protexen as casas, co motivo de coidar os anciáns, xa que son eles os que gardan as nosas antigas tradicións. Ao finalizar a noite solsticial, convértense unha vez máis en pedra, de onde nos espertan, ficando para todo o sempre connosco a protexer a [[Terra de Trasancos]].
 
=== O compromiso da terra: As tres cuncas ===
O compromiso coa terra é un simbolismo que representa o grande respecto e amor que o pobo galego sempre sentiu polos seus costumes e pola súa terra. Este simbolismo consiste en pór en tres cuncas terra fértil, ar limpo e flor de auga pura, recollidas na noite solsticial. Colócanse en fronte das portas das casas durante todo o ano, en sinal de compromiso co coidado do que nos mantén e dá a vida: a terra.
 
Tamén se conta en Vilasuso que a Pena Molexa tiña un encantamento: gardaba tres mulas de ouro. Un diadía chegou un home cun libro. Era o libro de San Cibrán. O home leuno desde a primeira páxina ata a última, de riba a baixo, despois desleuno desde o final ata ao comezo, desenfeitizou as mulas e levounas.
 
Despois disto, aparecerán moitos máis encantos. Cando ninguén consegue facerse con eles, ao cabo de certo tempo vaõ-sevanse emboraentón para o mar.
 
Din tamén que hai unha galiña con pitos de ouro, que aparecen na mañá de San Xoán. Un diadía, unha muller apañou os pitos, meteunos baixo da saia e foise para a súa casa. Cando chegou, os pitos xa desapareceran.
 
==A noite de San Xoán==