Trinidad e Tobago: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Breogan2008 (conversa | contribucións)
Liña 56:
Antes do arribo dos europeos no [[século XV]] a illa hoxe chamada Trinidad estaba poboada por [[caribes]] ([[nepuya]], [[suppoya]]) mentres que Tobago estaba poboada polos [[kalugo]]. O nome indíxena de Trinidad era Kairi ou Leré cuxo significado sería "Terra de [[colibrí]]s" ou seica simplemente "A Illa". [[Cristóbal Colón]] descubriu para os europeos a principal das illas o 31 de xullo de [[1498]] e chamouna "Terra da [[Santísima Trinidad]]" mentres que denominou "Bela Forma" á illa actualmente chamada Tobago. Estas illas foron a partir de entón contendidas por [[España|españois]], [[Inglaterra|ingleses]], [[Países Baixos|neerlandeses]] e [[Francia|franceses]], houbo ata unha colonia de "letones" procedentes de [[Curlandia]]. A fins de [[século XVIII]] o control era español como parte da [[Capitanía Xeneral de Venezuela]] pero no decurso das [[guerras napoleónicas]], en febreiro de 1797, unha forza británica iniciou a ocupación do territorio, en [[1802]] pola [[paz de Amiens]] as illas de Trinidad e Tabaco (en inglés: "Tobago") pasaron ao [[Reino Unido]] , pola súa banda [[Francia]], que tamén tiña pretensións sobre o territorio fixo cesión formal ao Reino Unido en 1814.
 
A poboación indíxena practicamente desapareceu sendo en gran medida substituída pola poboación melanoafricana ("negra") introducida á forza como man de obra esclavizadaescravizada para as plantacións de [[cana de azucre]] e [[tabaco]], durante o século XIX a medida que resultaba menos económica a escravitude para os "brancos" fomentouse a inmigración de "''coolies''" desde [[India]] e [[China]], [[Líbano]], [[Siria]] así como desde outras Antillas e Venezuela quen traballaban como man de obra barata ou no sector servizos, case na mesma situación atopouse a inmigración de portugueses, mentres que os franceses refuxiados desde [[Haití]] xa antes da paz de Amiens gozaron de mellor situación aínda que non chegaron ao status da minoría inglesa.
 
En [[1899]] Tobago que quedara administrada desde [[Barbados]] pasou a ser administrada desde Porto España en Trinidad. Durante a [[Segunda Guerra Mundial]] os [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]] aliados do Reino Unido estableceron unha importante base militar en [[Chaguaramas]]. Ambas as illas foron rexidas como colonia da coroa inglesa ata que o 3 de xaneiro de [[1958]] coa illa de [[Xamaica]], Barbados, as [[Illas de Barlovento, Pequenas Antillas|Illas de Barlovento]] e as [[Illas de Sotavento]] e outras menores formouse a chamada [[Federación das Antillas Británicas]] ou [[Federación das Indias Occidentais]] tendo por capital federal [[Chaguaramas]], tal federación desapareceu en [[1961]] ao secesionarse Xamaica, así se determinou a independencia (aínda que sendo o seu xefe de estado o monarca británico) o 3 de agosto de [[1962]], durante todo ese período houbo graves conflitos étnicos principalmente entre os descendentes de africanos e os descendentes de hindús. Trinidad e Tobago ingresou na [[ONU]] nese ano e en [[1967]] na [[OEA]], en [[1976]] Trinidad Tobago formalmente declarou a súa total independencia da coroa británica aínda que se mantivo e mantén dentro da [[Commonwealth de Nacións|Commonwealth]].