Fahd I: Diferenzas entre revisións

Contido eliminado Contido engadido
Sen resumo de edición
Liña 18:
== Reinado ==
 
ApesarA pesar da súa amizade cos [[Estados Unidos de América|Estados Unidos]], acabou por condenar os [[Acordos de Camp David]] de [[1978]] entre [[Exipto]] e [[Israel]], ao tempo que tentaba conter a oleada antiexipcia que se estendía polo [[mundo árabe]]. Protector da [[OLP]] e amigo de [[Yasser Arafat]], foi autor dun proxecto, o Plan Fahd, para a solución negociada no Oriente Medio. En xullo de [[1990]] restableceu relacións diplomáticas coa [[China]] e o [[2 de agosto]] do mesmo ano, cando [[Iraq]] invadiu [[Kuwait]], tomou a decisión histórica de permitir que Arabia Saudita se convertese no cuartel xeral dos 400.000 soldados dos Estados Unidos e os seus aliados. Durante a [[Guerra do Golfo]], Arabia Saudita foi a principal base de operacións militares aliadas e o seu territorio chegou a ser atacado con [[mísil|míseis]] [[Scud]] iraquís.
 
Durante o seu reinado fixo numerosas doazóns para a construción de mesquitas por todo o mundo. En maio de [[2003]] permitiu avanzar nas reformas das estruturas políticas e propiciar a participación popular na vida política. Desde os atentados do [[11 de setembro]] de [[2001]] en Estados Unidos, procurou mostrar unha visión máis amábel de Arabia Saudita, xa que 15 dos 19 autores eran precisamente sauditas.